DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 15 de decembro de 2009 Páx. 18.981

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 434/2009, do 3 de decembro, polo que se autoriza a implantación dos estudos universitarios oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á comunidade autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo Decreto 62/1988, do 17 de marzo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada por Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 8.2º que a implantación e a supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da Universidade, ben por iniciativa da universidade mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social.

O artigo 35.2º da Lei orgánica 6/2001 establece que, ademais do recollido no parágrafo anterior, as universidades deberán obter a verificación do Consello de Universidades de que o oportuno plan de estudos se axusta ás directrices e condicións establecidas polo Goberno. Por medio do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, estableceuse a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. No ámbito autonómico esta materia está regulada no Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor e, en todo o non previsto neste decreto, polo Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia. Os modelos do procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de

posgrao foron establecidos na Orde do 20 de xullo de 2007, téndose acordado no Consello Galego de Universidades do 5 de novembro de 2007 unhas liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e de posgrao no sistema universitario de Galicia.

No artigo 7 do Decreto 66/2007 establécese que a autorización para a implantación de estudos no ámbito territorial propio da comunidade autónoma farase por decreto do Consello da Xunta de Galicia, tras a avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e logo do informe do Consello Galego de Universidades.

Baixo a formulación xeral exposta neste decreto considérase a implantación de estudos conducentes aos títulos de máster universitario e doutor ou doutora no sistema universitario de Galicia, unha vez cumpridos todos os requisitos previos ao acto formal de autorización por parte da Xunta de Galicia.

A oferta de ensinanzas oficiais de posgrao tense que deseñar co obxecto de atender fundamentalmente a demanda dos actuais titulados universitarios que desexen recibir unha especialización adicional ou unha formación investigadora e a de profesionais titulados universitarios que decidan actualizar os seus coñecementos e destrezas ou modificar o seu perfil. Así mesmo, ten que responder ás necesidades de Galicia cunha oferta coordinada, integrada e complementaria no sistema universitario de Galicia.

Os máster e programas de doutoramento que se van implantar están pensados nunha oferta versátil que se adapta ao perfil do alumno actual e futuro, que responde ás necesidades socioeconómicas galegas, ás expectativas de formación dos alumnos e ás necesidades estruturais de funcionamento das universidades.

Por todo isto, en aplicación do artigo 8.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e do 7.3º do Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, por solicitude dor reitores das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, coa aprobación dos consellos de goberno e coas propostas favorables dos consellos sociais respectivos, logo do informe favorable do Consello Galego de Universidades, en exercicio das competencias sinaladas na Lei 2/2003, do 22 de maio, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de decembro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorizar a implantación, no sistema universitario de Galicia para o curso 2009/2010, dos estudos universitarios oficiais de máster universitario e de doutor ou doutora que se relacionan a continuación:

-Universidade de Santiago de Compostela:

1. Máster universitario:

Máster universitario en Dereito das Administracións e Institucións Públicas.

Máster universitario en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural.

Máster universitario en Investigación Biomédica.

Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais.

Máster universitario en Comunicación e Industrias Creativas.

Máster universitario en Dereito Privado.

Máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación.

Máster universitario en Dirección de Empresas.

Máster universitario en Economía. Organización Industrial e Mercados Financeiros.

Máster universitario en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural.

Máster universitario en Enxeñaría Química e de Procesos.

Máster universitario en Estudos Ingleses. Tendencias Actuais e Aplicacións.

Máster universitario en Estudos Internacionais.

Máster universitario en Estudos Lingüísticos.

Máster universitario en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos.

Máster universitario en Filosofía. Cuestións Actuais.

Máster universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

Máster universitario en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas.

Máster universitario en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias.

Máster universitario en Investigación Agraria e Forestal.

Máster universitario en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias.

Máster universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos.

Máster universitario en Investigación en Didáctica das Ciencias Experimentais e da Matemática.

Máster universitario en Investigación en Economía Aplicada.

Máster universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario.

Máster universitario en Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria.

Máster universitario en Investigación en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía.

Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías da Información (interuniversitario).

Máster universitario en Lingüística Galega (interuniversitario).

Máster universitario en Matemáticas.

Máster universitario en Medio Ambiente e Recursos Naturais.

Máster universitario en Procesos de Formación.

Máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas.

Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases (interuniversitario).

2. Doutor ou doutora.

Doutor ou doutora dentro do programa A Europa Medieval e Moderna: Territorio, Sociedade e Cultura.

Doutor ou doutora dentro do programa Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade.

Doutor ou doutora dentro do programa Atención Integral da Saúde.

Doutor ou doutora dentro do programa Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria.

Doutor ou doutora dentro do programa Bioquímica e Bioloxía Molecular.

Doutor ou doutora dentro do programa Ciencias Forenses e Patoloxía.

Doutor ou doutora dentro do programa Ciencias Odontolóxicas.

Doutor ou doutora dentro do programa Endocrinoloxía (interuniversitario).

Doutor ou doutora dentro do programa Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural.

Doutor ou doutora dentro do programa Enxeñaría Química e Ambiental.

Doutor ou doutora dentro do programa Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos.

Doutor ou doutora dentro do programa Estudos sobre Historia da Arte e da Música.

Doutor ou doutora dentro do programa Estudos sobre Xuventude e Sociedade.

Doutor ou doutora dentro do programa Filoloxía Clásica.

Doutor ou doutora dentro do programa Filoloxía Románica.

Doutor ou doutora dentro do programa Historia da Arte Medieval.

Doutor ou doutora dentro do programa Humanidades e Servizos Culturais.

Doutor ou doutora dentro do programa Industrias Alimentarias: Ciencia, Enxeñaría e Prevención de Riscos Laborais.

Doutor ou doutora dentro do programa Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias.

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación Agraria e Forestal.

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos (interuniversitario).

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación en Tecnoloxías da Información (interuniversitario).

Doutor ou doutora dentro do programa Lingua e Literatura Alemás.

Doutor ou doutora dentro do programa Lingüística Aplicada e Teoría da Lingüística.

Doutor ou doutora dentro do programa Lingüística Española.

Doutor ou doutora dentro do programa Lingüística Galega (interuniversitario).

Doutor ou doutora dentro do programa Medio Ambiente e Recursos Naturais.

Doutor ou doutora dentro do programa Morfoloxía Médica.

Doutor ou doutora dentro do programa Psicoloxía Social Aplicada aos Contextos Organizacional e Político-xurídico.

-Universidade da Coruña:

1. Máster universitario.

Máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética.

Máster universitario en Computación.

Máster universitario en Xestión e Políticas Públicas.

Máster universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa.

Máster universitario en Psicoloxía Aplicada.

Máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas.

Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías Navais e Oceánicas.

Máster universitario en Enxeñaría de Sistemas Informáticos.

Máster universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial.

Máster universitario en Láseres e Aplicacións en Química. QUIMILASER (interuniversitario).

Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías da Información (interuniversitario).

Máster universitario en Lingüística e as súas Aplicacións (interuniversitario).

2. Doutor ou doutora.

Doutor ou doutora dentro do programa Dirección Integrada de Proxectos.

Doutor ou doutora dentro do programa Arquitectura e Rehabilitación.

Doutor ou doutora dentro do programa Ciencias Sociosanitarias.

Doutor ou doutora dentro do programa Deporte, Educación Física e Ocio Saudable.

Doutor ou doutora dentro do programa Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués.

Doutor ou doutora dentro do programa en Lingua, Texto e Expresión Artística.

Doutor ou doutora dentro do programa Novas Aproximacións aos Estudos Anglonorteamericanos e Irlandeses.

Doutor ou doutora dentro do programa Competitividade, Innovación e Desenvolvemento: Análise Económica e Empresarial.

Doutor ou doutora dentro do programa Dereito.

Doutor ou doutora dentro do programa Bioloxía Celular e Molecular.

Doutor ou doutora dentro do programa Lingüística e as súas Aplicacións (interuniversitario).

Doutor ou doutora dentro do programa Enxeñaría Civil.

Doutor ou doutora dentro do programa Ciencia e Tecnoloxía Ambiental.

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación en Tecnoloxías da Información (interuniversitario).

Doutor ou doutora dentro do programa Computación.

Doutor ou doutora dentro do programa Enxeñaría da Auga.

Doutor ou doutora dentro do programa Enxeñaría Industrial.

Doutor ou doutora dentro do programa Innovación, Orientación e Avaliación Educativa.

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación en Migracións Internacionais.

Doutor ou doutora dentro do programa Psicoloxía da Saúde.

Doutor ou doutora dentro do programa Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Doutor ou doutora dentro do programa Tecnoloxías Navais e Oceánicas.

-Universidade de Vigo:

1. Máster universitario.

Máster universitario en Artes Escénicas.

Máster universitario en Lingüística e as súas Aplicacións (interuniversitario).

Máster universitario en Tradución e Paratradución.

Máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas.

Máster universitario en Lingüística Galega (interuniversitario).

Máster universitario en Investigación en Contabilidade e Finanzas.

Máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medio Ambiente.

Máster universitario en Economía.

Máster universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social.

Máster universitario en Ordenación Xurídica do Mercado.

Máster universitario en Enxeñaría Telemática.

Máster universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións.

Máster universitario en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética.

Máster universitario en Tecnoloxía Medioambiental.

Máster universitario en Enxeñaría Química.

Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria.

Máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida.

Máster universitario en Investigación en Comunicación.

Máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde.

Máster universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais.

Máster universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos.

Máster universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares.

Máster universitario en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais.

Máster universitario en Ciencias do Clima: Meteoroloxía, Oceanografía Física e Mudanza Climática.

Máster universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.

Máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual.

Máster universitario en Economía, Avaliación e Xestión do Medio Mariño e os Recursos Pesqueiros.

Máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos.

Máster universitario en Finanzas.

Máster universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble.

Máster universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control.

Máster universitario en Tecnoloxías Avanzadas de Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica.

Máster universitario en Dirección e Xestión da Loxística e a Cadea de Subministración.

Máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas.

Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases (interuniversitario).

Máster universitario en Enxeñaría Térmica (interuniversitario).

Máster universitario en Edición (interuniversitario).

2. Doutor ou doutora.

Doutor ou doutora dentro do programa Artes Escénicas.

Doutor ou doutora dentro do programa Lingüística e as súas Aplicacións (interuniversitario).

Doutor ou doutora dentro do programa Tradución e Paratradución.

Doutor ou doutora dentro do programa Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas.

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación en Contabilidade e Finanzas.

Doutor ou doutora dentro do programa Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medio Ambiente.

Doutor ou doutora dentro do programa Economía.

Doutor ou doutora dentro do programa Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social.

Doutor ou doutora dentro do programa Ordenación Xurídica do Mercado.

Doutor ou doutora dentro do programa Enxeñaría Telemática.

Doutor ou doutora dentro do programa Teoría do Sinal e Comunicacións.

Doutor ou doutora dentro do programa Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética.

Doutor ou doutora dentro do programa Tecnoloxía Medioambiental.

Doutor ou doutora dentro do programa Enxeñaría Química.

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria.

Doutor ou doutora dentro do programa Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida.

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación en Comunicación.

Doutor ou doutora dentro do programa en Actividade Física, Deporte e Saúde.

Doutor ou doutora dentro do programa Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais.

Doutor ou doutora dentro do programa Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos.

Doutor ou doutora dentro do programa Investigación Psicosocioeducativa en Educación Secundaria: Cara a unha Proposta de Calidade.

Doutor ou doutora dentro do programa Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais.

Doutor ou doutora dentro do programa Ciencias do Clima: Meteoroloxía, Oceanografía Física e Mudanza Climática.

Doutor ou doutora dentro do programa en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.

Doutor ou doutora dentro do programa Enxeñaría Térmica (interuniversitario).

Doutor ou doutora dentro do programa Lingüística Galega (interuniversitario).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de decembro de dous mil nove.

Alfonso Rueda Valenzuela

Presidente (Decreto 428/2009)

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria