DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 11 de decembro de 2009 Páx. 18.836

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 403/2009, do 22 de outubro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o castro de Troña, no termo municipal de Ponteareas, na provincia de Pontevedra.

Advertido erro na publicación do devandito decreto, no DOG número 219, do luns 9 de novembro de 2009, procede realizar a seguinte corrección:

No anexo I, punto V, páxina 17.367, onde di:

«P1. 542.018-4.673.183. A delimitación parte deste punto, onde se atopa a confluencia da estrada da Ermida co comezo do viacrucis, e continúa pola estrada que vai cara á Ermida ata chegar á primeira valgada, onde está o punto 2.

P2. 542.392-4.674.082. Partindo deste punto séguese ladeira arriba polo fondo da valgada atravesando a parcela 222 do polígono 108 ata chegar ao camiño que ía antigamente á Ermida e que hoxe está cuberto totalmente por mimosas e eucaliptos (punto 3).

P3. 542.422-4.673.364. Continúase ladeira arriba pola valgada ata chegar á pista que vai dar ao castro, onde está o punto 4.», debe dicir:

«P1. 542.018-4.673.983. A delimitación parte deste punto, onde se atopa a confluencia da estrada da Ermida co comezo do viacrucis, e continúa pola estrada que vai cara á Ermida ata chegar á primeira valgada, onde está o punto 2.

P2. 542.392-4.674.082. Partindo deste punto séguese ladeira arriba polo fondo da valgada atravesando a parcela 222 do polígono 108 ata chegar ao camiño que ía antigamente á Ermida e que hoxe está cuberto totalmente por mimosas e eucaliptos (punto 3).

P3. 542.422-4.673.964. Continúase ladeira arriba pola valgada ata chegar á pista que vai dar ao castro, onde está o punto 4.