DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 11 de decembro de 2009 Páx. 18.836

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de decembro de 2009 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas dirixidas a asociacións e fundacións con fins pedagóxicos para a realización de actividades organizadas co alumnado e coas familias da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2009.

Pola Orde do 16 de marzo de 2009 (DOG do 31 de marzo) e a Orde do 30 de abril de 2009, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas dirixidas a asociacións e fundacións con fins pedagóxicos e sen ánimo de lucro, inscritas nos correspondentes rexistros, para a realización de actividades organizadas co alumnado e coas familias da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2009, e aprobou as súas bases reguladoras.

Vista a proposta formulada pola Comisión de Selección, e de conformidade coa base novena da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ao concepto orzamentario 2009.45.04.423A.481.2, unha axuda de 842 euros á Asociación Cultural Os Tres Reinos.

Segundo.-Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria