DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 10 de decembro de 2009 Páx. 18.772

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 25 de novembro de 2009 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás que representen aqueles.

Por outra parte, a teor do previsto no acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de xuño de 2002, en que se fixou a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, nel intégrase un representante dos concellos de Cervo e Xove, que alternarán cada dous anos.

Tendo en conta que mediante Orde do 27 de novembro de 2007 (publicada no DOG do 5 de decembro) se dispuxo o nomeamento de vogal en representación do Concello de Xove, é polo que, transcorrido o período de dous anos antes indicado, cómpre agora nomear como vogal o representante do concello de Cervo.

Polo exposto , vista a proposta do Concello de Cervo, e en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O nomeamento de Alfonso Villares Bermúdez como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación do Concello de Cervo.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2009.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar