DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 10 de decembro de 2009 Páx. 18.772

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 25 de novembro de 2009 pola que se dispón a renovación dun vogal en representación da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña e dun vogal en representación da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (Feca) no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, no seu artigo 40, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Por proposta do presidente de Portos do Estado, a renovación do mandato de Francisco Veloso Cermeño como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de A Coruña e en representación da Administración xeral do Estado.

Por proposta do presidente da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (Feca), a renovación do mandato de Luis García-Reboredo Mendoza como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría en representación da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (Feca).

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2009.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar