DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 10 de decembro de 2009 Páx. 18.772

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 25 de novembro de 2009 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma, por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Por outra parte a teor do previsto no acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de xuño de 2002, no cal se fixou a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, nel intégrase un representante dos concellos de Cervo e Xove, que alternarán cada dous anos.

Tendo en conta que mediante a Orde do 27 de novembro de 2007 (publicada no DOG do 5 de decembro) se dispuxo o nomeamento de vogal en representación do Concello de Xove, e transcorrido o período de dous anos antes indicado cómpre deixar sen efecto aquel nomeamento.

Polo exposto, e en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de José Demetrio Salgueiro Rapa como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación do Concello de Xove, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2009.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DO MAR