DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 01 de decembro de 2009 Páx. 18.435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2009 pola que se adxudican as subvencións correspondentes á tecnoloxía de medio mariño dos programas sectoriais de investigación aplicada, Peme I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), convocadas na Orde do 24 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xullo).

Por Orde do 24 de xuño de 2009 (DOG do 6 de xullo) establécense as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, Peme I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e procédese á súa convocatoria para o ano 2009. A mencionada convocatoria establece que os programas están dirixidos a diferentes tecnoloxías sectoriais entre as que figura a de medio mariño.

De conformidade co disposto nas bases da citada orde da convocatoria, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación como órgano instrutor, elaborada tendo en conta o informe da Comisión de Valoración e as dispoñibilidades orzamentarias, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada liderados por equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, aos beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que se sinalan.

No anexo II relaciónanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada á posible ampliación de crédito derivada de baixas ou dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

Segundo.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación liderados por centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia aos beneficiarios que se relacionan no anexo III desta resolución, nas contías que se sinalan.

Terceiro.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de I+D liderados por empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación, aos beneficiarios que se relacionan no anexo IV desta resolución.

Cuarto.-Os proxectos concedidos que así o indican no correspondente anexo están cofinanciados na anualidade do ano 2009 con fondos Feder e FCI, nunha porcentaxe máxima do 80% e 20% respectivamente.

Quinto.-O pagamento das subvencións concedidas realizarase segundo o indicado no artigo 19 das bases xerais da orde de convocatoria e a súa xustificación de conformidade co establecido no artigo 6 dos anexos I, II, III (modificado pola Orde do 10 de novembro de 2009, DOG do 18 de novembro) e IV da mencionada orde. Ademais, os beneficiarios das subvencións correspondentes a proxectos de equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia deberán remitir, dentro do prazo indicado no artigo 6 a documentación sinalada no artigo 8 do anexo I.

Sexto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Sétimo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Oitavo.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "23500D005P015.PDF"

Ver referencia pdf "23500D006P017.PDF"