DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 01 de decembro de 2009 Páx. 18.432

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2009 pola que se adxudican as axudas para proxectos de investigación básica, correspondentes ao Programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), convocadas no anexo II da Orde do 3 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 12 de xuño).

Pola Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG do 12 de xuño), publicáronse as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao Programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite). No anexo II da citada orde establécense as bases para a concesión das axudas para proxectos de investigación básica.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Orde do 3 xuño citada, vista a proposta de resolución formulada polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.

1. Conceder as axudas para proxectos de investigación básica, nas contías que se sinalan, aos solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución, por importe total de cinco millóns oitocentos vinte e cinco mil cincuenta e sete euros (5.825.057 €), coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

Ver referencia pdf "23500D004P012.PDF"

2. No anexo II publícase unha lista de agarda na cal se relacionan, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas suplentes. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas solicitudes concedidas ou a que se produza un incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións.

3. Para poder percibir as axudas será preciso presentar a documentación indicada nos artigos 6 e 7 do anexo da Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG nº 114, do 12 de xuño). A dita documentación deberá axustarse aos modelos que se publicarán na páxina web http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi.

Segundo.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Terceiro.

A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Cuarto.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende a mesma data.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009; DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "23500D004P012.PDF"