DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 01 de decembro de 2009 Páx. 18.427

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2009 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do sistema galego de I+D+i do ano 2009, convocadas por Orde do 2 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 12 de xuño).

Por Orde do 2 de xuño de 2009 (DOG do 12 de xuño) convocáronse as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do sistema galego de I+D+i do ano 2009.

De conformidade co disposto no artigo 12 da citada orde e vista a proposta de resolución formulada polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas aos beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía que se sinala en cada caso.

Segundo.-Excluír os solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución polas causas que se indican.

Terceiro.-Declarar desestimadas as solicitudes que non figuran nesta resolución, por non acadar a puntuación mínima establecida pola Comisión de Valoración para ser consideradas financiables.

Cuarto.-Para poder percibir as axudas será preciso presentar a documentación indicada no artigo 19 da Orde do 2 de xuño de 2009 (DOG nº 114, do 12 de xuño). O período de imputación de gastos será o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 16 de decembro de 2009, ambos dous incluídos. A xustificación da subvención deberá axustarse aos modelos que se publicarán na páxina web http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi. O prazo para que esta documentación teña entrada na Dirección Xeral de I+D+i remata o 16 de decembro de 2009.

Quinto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Sexto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Sétimo.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009; DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "23500D003P007.PDF"

Ver referencia pdf "23500D004P012.PDF"