DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 27 de novembro de 2009 Páx. 18.343

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 17 de novembro de 2009 pola que se amplía o crédito orzamentario da Orde do 17 de abril de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, financiadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convocan para o exercicio 2009.

A Orde do 17 de abril de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros financiadas co Fondo Europeo de Pesca e se convocan para o exercicio 2009 (DOG nº 78, do 23 de abril) establece no seu artigo 4 que os importes fixados en cada convocatoria se poderá ampliar sen que iso dea lugar a un novo prazo de presentación de solicitudes.

O contexto da situación económica do sector pesqueiro, a demanda de solicitudes para acollerse ás devanditas axudas e a existencia de remanente de fondos existentes, xustifican incrementar o crédito da devandita orde de feito que permita achegar as axudas a un maior número de beneficiarios.

Considerando todo o dito anteriormente é polo que cómpre ampliar o importe da contía máxima das axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2009 sen que iso dea lugar a un novo prazo de presentación de solicitudes.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

Dispoño:

Artigo único.-Amplíase o importe do crédito máximo de concesión das axudas ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2009 en 321.464 euros, con cargo á aplicación 50.02.723A.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2009.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar