DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 27 de novembro de 2009 Páx. 18.336

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2009 pola que se adxudican as bolsas para estadías de investigación fóra de Galicia (anexo I) da Orde do 14 de xullo de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 143, do 23 de xullo) pola que se convocan esas axudas para estadías correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2009.

A orde da Consellería de Economía e Industria do 14 de xullo de 2009 (DOG nº 143, do 23 de xullo), aproba as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para estadías correspondentes a diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2009.

No artigo 3 (requisitos dos solicitantes) do anexo I da mencionada orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberán cumprir os candidatos ás axudas correspondentes ao programa de bolsas para estadías de investigación fóra de Galicia. Pola súa banda, no artigo 8 (Avaliación e selección das solicitudes) do devandito anexo I establécese que a avaliación das solicitudes admitidas a fará a comisión de selección indicada no artigo 9 das bases xerais da orde de convocatoria de referencia, conforme os criterios xerais de selección establecidos no dito artigo 8 do anexo I.

A comisión de selección establecida no artigo 9 das bases xerais da dita Orde do 23 de xullo de 2009, en sesión que tivo lugar o 9 de novembro de 2009, acordou:

1. Propoñer a concesión de axudas aos solicitantes de bolsas de estadías de investigación fóra de Galicia (anexo I da Orde do 23 de xullo de 2009) que se relacionan no anexo I desta resolución, para a realización de investigación nos destinos que se sinalan, durante o período de tempo e na contía indicada en cada caso.

2. Non se establece listaxe de substitucións xa que todos os solicitantes admitidos definitivamente obtiveron a axuda.

Na súa virtude, e tendo en conta a proposta elaborada pola comisión de selección, a Consellería de Economía e Industria

RESOLVE:

Primeiro.-A concesión de axudas aos solicitantes de bolsas para estadías de investigación fóra de Galicia (anexo I da Orde do 23 de xullo de 2009) que se relacionan no anexo I desta resolución, para a realización de investigación nos destinos que se sinalan, durante o período de tempo e na contía que se indica en cada caso.

Segundo.-As axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 44.02.561B.480.0 e 44.02.561A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 correspóndense coa distribución que se indica na táboa seguinte:

Ver referencia pdf "23300D012P024.PDF"

Terceiro.-Todas as solicitudes para as que se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondentes bases da convocatoria.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009; DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Bolunda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "23300D012P024.PDF"