DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 27 de novembro de 2009 Páx. 18.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2009 pola que se adxudican as axudas para elaboración de propostas ao VII Programa marco, as axudas para organización de congresos e reunións científicas e as axudas para asistencia a congresos e reunións científicas, correspondentes ao Programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), convocadas nos anexos I, III e IV da Orde do 3 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 12 de xuño).

Por Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG do 12 de xuño) publicáronse as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao Programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite). Nos anexos I, III e IV da citada orde establécense, respectivamente, as bases para a concesión das axudas para elaboración de propostas ao VII PM, das axudas para organización de congresos e reunións científicas e das axudas para asistencia a congresos e reunións científicas.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Orde do 3 xuño citada, vista a proposta de resolución formulada polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.

1. Conceder as axudas para elaboración de propostas ao VII Programa marco, nas contías que se sinalan, aos solicitantes que se relacionan no punto 1 do anexo I desta resolución, por importe total de cento dezanove mil trescentos nove euros (119.309 €), coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

44.02.561B.744.0: 114.389 €.

44.02.561A.740.0: 4.920 €.

2. Excluír a solicitante que figura no punto 2 do anexo I desta resolución pola causa que se indica.

3. Para poder percibir as axudas será preciso presentar a certificación indicada no artigo 6 do anexo I da Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG nº 114, do 12 de xuño). A dita certificación deberá axustarse ao modelo que se publicará na páxina web http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi. O prazo para que esta certificación teña entrada na Dirección Xeral de I+D+I remata o 4 de decembro de 2009, agás no caso de que a proposta se presente na correspondente convocatoria do VII PM con posterioridade a esa data, en que o prazo de presentación da documentación xustificativa da subvención na Dirección Xeral de I+D+I remata o 15 de decembro de 2009.

Segundo.

1. Conceder as axudas para organización de congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG, que figuran no anexo II desta resolución, por un importe de catorce mil oitocentos dez euros (14.810 €), coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

44.02.561A.481.0: 7.840 €.

44.02.561A.440.0: 6.970 €.

2. Para poder percibir as axudas será preciso presentar toda a documentación indicada no artigo 6 do anexo III da Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG nº 114, do 12 de xuño). A certificación a que se refire o citado artigo deberá axustarse ao modelo que se publicará na páxina web http://www.conselleriaiei.org/dxidi. O prazo para que esta xustificación teña entrada na Dirección Xeral de I+D+I remata o 4 de decembro de 2009, agás no caso de actividades subvencionadas que se celebren con posterioridade a esa data, en que o prazo de presentación da documentación xustificativa da subvención na Dirección Xeral de I+D+I remata o 15 de decembro de 2009.

Terceiro.

1. Conceder as axudas para asistencia a congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG, que figuran no punto 1 do anexo III desta resolución, por importe de vinte e catro mil catrocentos trinta e seis euros (24.436 €), que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria: 10.02.561A.480.1.

2. Declarar desestimadas as solicitudes de axuda para asistencia a congresos e reunións científicas que non figuran nesta resolución por tratarse de solicitudes formuladas para congresos de carácter non internacional ou ben por tratarse de solicitantes que xa foron beneficiarios desta axuda na convocatoria anterior.

3. Excluír aos solicitantes de axudas para asistencia a congresos e reunións científicas que figuran no punto 2 do anexo III desta resolución polas causas que se indican.

4. Para poder percibir as axudas será preciso presentar a seguinte documentación antes do 4 de decembro de 2009, salvo no caso de actividades subvencionadas que se realicen con posterioridade a esta data, en que a xustificación poderá ter entrada no rexistro da Dirección Xeral de I+D+I ata o 15 de decembro de 2009:

-Aceptación do traballo por parte da entidade, institución ou persoa organizadora do congreso, no caso de que non fose entregada xa no momento de solicitar a axuda.

- Certificación de asistencia.

-Documentación acreditativa da realización do gasto.

-Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2009.

P.S. (Decreto 324/2009, artigo 6.1º o)

José Alfonso Marnotes González

Vicesecretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "23300D011P020.PDF"