DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 27 de novembro de 2009 Páx. 18.323

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

DECRETO 425/2009, do 12 de novembro, polo que se aceptan as doazóns de bens culturais feitas á Comunidade Autónoma de Galicia por Francisco Escudero e outros.

Con data do 30 de setembro a Consellería de Cultura e Turismo remitiu á Consellería de Facenda os expedientes de doazón de bens propiedade de Francisco Escudero, Muga-Arqueocota, S.L., Ana e Camino Adrio Montoussé, Francisco Xavier Álvarez Campos, José Carlos Rodríguez Villamarín, José Luis Chao Rey, Olimpio Liste Regueiro, Benito Hermida Atrio, Antonio Graña Graña e Juan A. Bande Alonso, en representación da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo do respectivo informe favorable da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.

De acordo co disposto no artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34.1º do Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Facenda.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de novembro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aceptar nos termos establecidos polos/as doadores/as as seguintes doazóns dos bens que a seguir se relacionan:

1. Doador: Francisco Escudero.

-Obxecto: gravado.

Autor: J.F. Leonardo.

Título: Retrato da imaxe milagreira de Nosa Señora de Roncesvalles.

Cronoloxía: prancha: finais XVII-principios XVIII. Retocada en 1790 e en 1880. Impresión: post. 1880.

Técnica/materia: papel. Gravado ou buril con prancha calcográfica.

Dimensións/características: folla: 44,00×34,00 cm. Impresión: 30,50×22,70.

Valoración: 1.000 €.

-Obxecto: dúas cenefas de carácter litúrxico.

Autor/escola: obradoiro hispano.

Título: 1.-San Paulo/2.-A Virxe, San Xoán e Santiago o Maior.

Cronoloxía: ca. 1600.

Técnica/materia: veludo, seda e fíos de ouro. Bordado.

Medidas: 1.-93,70×24 cm. 2.-105×20,90 cm.

Valoración: 1.000 € cada un (total 2.000 €).

2. Doador: Muga-Arqueocota, S.L.

Obxecto: maqueta.

Autor/escola: Juan Manuel Muñoz Gambero (Muga-Arqueocota, S.L.).

Tema: maqueta do Pórtico da Gloria (Santiago de Compostela).

Cronoloxía: 1975.

Técnica/materia: madeira, aglomerado, metacrilato e xeso.

Medidas: 203×82,50×162 cm.

Valoración: 25.000 €.

3. Doadoras: Ana e Camino Adrio Montoussé.

Obxecto: conxunto formado por un fondo mixto relacionado coa profesión de veterinario/a, composto por instrumental de veterinario/a (33 pezas), fondos bibliográficos (99 exemplares) e fondos documentais (22 documentos) relacionados coa materia.

Cronoloxía: 1940-1978.

Valoración: 4.000 €.

4. Doador: Francisco Xavier Álvarez Campos.

Obxecto: máquina estrulladora para o viño. Tracción manual.

Materia: madeira e ferro.

Medidas: 126×98×170 cm.

Valoración: 300 €.

5. Doador: José Carlos Rodríguez Villamarín.

-Obxecto: serra mecánica con motor, da tipoloxía de serra de «fita».

Materia: ferro fundido.

Medidas: 240×154×90 cm.

Cronoloxía: mediados do século XX.

Inscricións/lugar de fabricación: «Manuel Malingre/Fundiciones/Orense».

-Obxecto: mordaza de carpinteiro.

Materia: ferro.

Medidas: 62×20×20 cm.

Cronoloxía: século XX.

-Obxecto: ferraxes.

Materia: ferro.

Valoración total: 900 €.

6. Doador: José Luis Chao Rey.

-Obxecto: quentador de cama.

Materia: madeira e bronce.

Medidas: 85×21 cm.

Cronoloxía: ca. 1950.

-Obxecto: prensa de encadernación.

Materia: ferro.

Medidas: 37×36×37 cm.

-Obxecto: xoguete de construción de arquitecturas.

Materia: cartón, papel e plástico.

Cronoloxía: ca. 1950.

Valoración: 300 € o quentador e a prensa, e 400 € o xoguete, en total 700 €.

7. Doador: Olimpio Liste Regueiro.

Obxecto: seis moldes para fabricar barras de chocolate. Medida: œ libra.

Materia: estaño con baño de níquel.

Cronoloxía: ca. 1960.

Valoración: 300 €.

8. Doador: Benito Hermida Atrio.

-Obxecto: manto. Indumentaria para imaxe relixiosa da Virxe das Dores da igrexa de Santiago en Ribadavia.

Materia: raso de seda negra e sarga de algodón. Doas de vidro.

Medidas: 268×150 cm.

Cronoloxía: finais do século XIX-principios do século XX.

Inscricións/lugar de fabricación: «Blanqueo, tinte y aprestos/de/A.Framis y Cía/San Martín de Provensals» (selo interior).

Valoración: 140 €.

-Obxecto: camisa para imaxe relixiosa da Virxe das Dores da igrexa de Santiago en Ribadavia.

Materia: fío de liño branco. Entredous e encaixe.

Medidas: 50 cm de longo.

Cronoloxía: finais do século XIX-principios do século XX.

Inscricións: «VDR» (iniciais bordadas).

Valoración: 60 €.

9. Doador: Antonio Graña Graña.

-Obxecto: escultura.

Título: Muller de mar.

Autor: Antonio Graña Graña.

Materia/técnica: madeira entallada de castiñeiro e carballo.

Medidas: 120×32×38,5 cm.

Cronoloxía: 2007.

Valoración: 975 €.

-Obxecto: maqueta.

Título: Modelo de traiñeira.

Autor: Antonio Graña Graña.

Materia/técnica: madeira tallada.

Medidas: 71,5×5,5×37 cm.

Cronoloxía: 2008.

Valoración: 150 €.

-Obxecto: serra de voltas ou de virar (ferramenta de carpintaría de ribeira).

Materia: madeira, ferro e corda.

Cronoloxía: primeira metade do século XX.

Medidas: 35×79,5 cm.

Valoración: 100 €.

10. Doador: Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia.

Obxecto: coche de bebé, carricoche.

Materia: madeira, fibra vexetal, plástico, metal.

Cronoloxía: primeira metade do século XX.

Medidas:62×65×83 cm.

Inscricións/fabricación: «Bazar Álvarez/Príncipe 27/Vigo».

Valoración: 60 €.

Disposición derradeira

A Consellería de Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, doce de novembro de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda