DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 25 de novembro de 2009 Páx. 18.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2009 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 25 de maio do 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a fundacións, asociacións e institucións culturais para o seu funcionamento e realización de programas culturais.

O artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

Resolvo:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 47.04.432B.481.1.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2009.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

Ver referencia pdf "23100D008P015.PDF"