DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 25 de novembro de 2009 Páx. 18.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de outubro de 2009 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Nebrija, do concello da Coruña.

Examinado o expediente iniciado polo centro privado Nebrija, do concello da Coruña, en que solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado polo Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Resultando que mediante escritura pública notarial, Concepción Fernández Vázquez cede a súa titularidade, para todos os efectos, a Nebrija Torre de Hércules, S.L., aceptando esta a dita cesión.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente os requisitos exixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Nebrija, do concello da Coruña, código 15004356, a favor de Nebrija Torre de Hércules, S.L., con todos os dereitos e obrigas contraídas pola cesionista Concepción Fernández Vázquez , sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza. O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo.-Inscribir esta modificación no Rexistro de Centros dependente desta consellería.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria