DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 25 de novembro de 2009 Páx. 18.223

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2009 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 2 de febreiro de 2009 pola que se regula a concesión de axudas por danos provocados en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal, pola que se desenvolve o Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro (procedemento administrativo IN532D); (Diario Oficial de Galicia número 23, do 3 de febreiro).

O conselleiro de Economía e Industria, con data do 27 de outubro de 2009, ditou resolución de concesión ao abeiro da orde da Consellería de Innovación e Industria do 2 de febreiro de 2009 que regula a concesión de axudas por danos provocados en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal, pola que se desenvolve o Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro (procedemento administrativo IN532D).

Os artigos 13.1º e 13.3º das bases reguladoras establecen que as resolucións de concesión deberán publicarse no DOG e na páxina web da Consellería de Economía e Industria, con indicación da data de convocatoria, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención outorgada.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de beneficiarios das subvencións que figuran no anexo a esta resolución, coa indicación da seguinte cláusula:

«Cláusula suspensiva: o pagamento das axudas estará, en todo caso, condicionado a que os órganos competentes da Comisión Europea adoptaran unha decisión positiva sobre a compatibilidade destas co Mercado Común, de acordo co artigo 88 do Tratado CE. Para estes efectos, cumpriuse co trámite de notificación previa do réxime de axudas á Comisión Europea, atopándose pendente de autorización polo órgano competente da Comisión Europea».

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

E todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen oportuno.

Os solicitantes que non aparezan no devandito anexo deberán entender que non lles foi concedida a subvención, feito que será notificado individualmente.

1. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, relacionadas coas axudas dirixidas a establecementos mercantís e industriais poderanse dirixir á Secretaría Xeral, a través do teléfono 881 99 95 29, ou do enderezo de correo electrónico axudasindustriaisxaneiro2009@xunta.es.

2. No caso de seren axudas dirixidas a establecementos comerciais, poderanse dirixir a Dirección Xeral de Comercio, a través do teléfono 981 54 15 93, ou do enderezo de correo electrónico cei.dxc@xunta.es.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "23100D005P011.PDF"