DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 25 de novembro de 2009 Páx. 18.222

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 206, do mércores, 21 de outubro de 2009, cómpre facer a seguinte modificación:

Na páxina 16.447, artigo 16º.1 c), onde di: «En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior ao 10 de decembro de 2009 ...», debe dicir: «En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior ao 18 de decembro de 2009...».