DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 25 de novembro de 2009 Páx. 18.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se conceden subvencións a concellos ao abeiro da Resolución do 30 de xullo de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos e para a adquisición de equipamentos deportivos e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2009.

De conformidade co disposto na resolución do 30 de xullo de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos e para a adquisición de equipamentos deportivos e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2009 (DOG nº 149, do 31 de xullo), recibidas as solicitudes na Secretaría Xeral para o Deporte e, rematada a fase de revisión da documentación achegada e de comprobación do grao de cumprimento dos requisitos establecidos na devandita resolución, esta secretaría xeral

RESOLVE:

1. Outorgar para as finalidades concretas que, en cada caso, se indican e correspondentes ás previstas no punto a) do artigo 2 da resolución de convocatoria (Obras), as subvencións económicas que a favor dos concellos propostos, se identifican e enumeran seguidamente por orde da puntuación acadada unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 4 da resolución de convocatoria:

Ver referencia pdf "23100D003P008.PDF"

3. Denegar o outorgamento das restantes solicitudes de subvención admitidas tanto para realización de obras como para adquisición de equipamentos, por acadar unha valoración inferior para as accións programadas, en relación coas que resultaron subvencionadas.

4. A finalidade das subvencións é axudar aos concellos de Galicia para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos e para a adquisición de equipamentos deportivos no ano 2009.

5. As subvencións concedidas faranse efectivas con cargo á aplicación 40.60.441A.760.0 e ata unha contía máxima de 1.590.000 €.

Esta resolución comporta unha asignación do crédito establecido con base no seguinte detalle:

Obras: 1.185.257,53 €.

Equipamentos: 401.308,80 €.

Total:1.586.566,33 €.

6. Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Deporte, de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia (DOG nº 119, do 19 de xuño), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da oportuna notificación ou, se é o caso, a partir do día seguinte ao da publicación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2009.

José Ramón Lete Lasa

Secretario xeral para o Deporte