DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 24 de novembro de 2009 Páx. 18.166

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 410/2009, do 12 de novembro, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 4, 5 e 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1º alínea d) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo a designación efectuada pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (Congapa) para substituír un representante da súa organización no Consello Escolar de Galicia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de novembro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese Xelasio Suárez Santiso como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos pais de alumnos do ensino privado proposto pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos-Congapa.

Artigo 2º

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos pais de alumnos do ensino privado proposto pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos-Congapa, a María Inés Gómez Otero.

Artigo 3º

O mandato do novo membro será ata que se proceda á legal renovación por metades que establece o artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de novembro de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria