DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 23 de novembro de 2009 Páx. 18.126

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 8 de outubro de 2009 pola que se dispón o nomeamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, en desenvolvemto das previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regula no seu artigo 4 a composición do Consello, no artigo 5 o procedemento de nomeamento e cesamento dos seus membros, e no artigo 6 a duración do mandato e as substitucións.

A aprobación dos decretos 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, motivou diversos cambios nos representantes da Xunta de Galicia e de Universidades no Consello Galego de Cooperativas, sendo necesaria a súa substitución.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 5 e a disposición derradeira 1ª do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,

DISPOÑO:

1. Nomear a José Álvarez Robledo, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas en representación da Consellería do Medio Rural, e a Juan Miguel Concheiro Abal, como vogal suplente.

2. Nomear a Susana Rodríguez Carballo, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas en representación da Consellería do Mar, e a Eduardo Suárez Campo, como vogal suplente.

3. Nomear a Andrés Hermida Trastoy, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas en representación da Consellería de Traballo e Benestar.

4. Nomear a José Manuel Pinal Rodríguez, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e a Carlos Encisa de Sá, como vogal suplente.

5. Nomear a José Manuel García Vázquez, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas, en representación das universidades galegas.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar