DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 23 de novembro de 2009 Páx. 18.126

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 8 de outubro de 2009 pola que se dispón o cesamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, en desenvolvemento das previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regula no seu artigo 4 a composición do consello, no artigo 5 o procedemento de nomeamento e cesamento dos seus membros, e no artigo 6 a duración do mandato e as substitucións.

A aprobación dos decretos 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, e 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, motivou diversos cambios nos representantes da Xunta de Galicia e de universidades no Consello Galego de Cooperativas, sendo necesaria a súa substitución.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 5 e a disposición derradeira primeira do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,

DISPOÑO:

1. O cesamento de Antonio Santiago Oca Fernández, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas, en representación da Consellería do Medio Rural, e de José Ramón Pedreira Dono, como vogal suplente.

2. O cesamento de Mª Fátima del Pilar Linares Cuerpo, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas, en representación da Consellería do Mar, e de José Barreiro Piñeiro, como vogal suplente.

3. O cesamento de Álvaro Ansias Bacelar, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas, en representación da Consellería de Traballo e Benestar.

4. O cesamento de Antonio Vázquez Vázquez, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e de Uxío Cortes Couselo e Jesús Manuel Rodríguez Buján, como vogais suplentes primeiro e segundo respectivamente.

5. O cesamento de Rogelio Conde-Pumpido Tourón, como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas, en representación das universidades galegas, e de María Jesús Tallón Nieto, como vogal suplente.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE TRABALLO

E BENESTAR