DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 17 de novembro de 2009 Páx. 17.790

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2009 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, para a habilitación dunha liña de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas e ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas polo que se establece unha liña de avais do Igape para facilitarlles ás empresas galegas o acceso a financiamento operativo adicional.

O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 28 de xullo de 2009, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes facultar o seu presidente para a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas. As ditas bases foron aprobadas mediante Resolución do 7 de setembro e publicadas mediante Resolución do 25 de setembro (DOG número 191, do 29 de setembro).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das sociedades de garantia recíproca e das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Na mesma reunión do 28 de xullo, o Consello de Dirección do Igape adoptou o acordo de aprobar o convenio de colaboración entre o Igape e as entidades financeiras adheridas, polo que se establece unha liña de avais do Igape para facilitarlles ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional. O seu contido fíxose público mediante Resolución do 25 de setembro (DOG número 191, do 29 de setembro).

Xunto co texto do antedito convenio publicouse a relación das entidades financeiras adheridas a el.

Co data do 20 de outubro de 2009 a entidade financeira Banco Sabadell ratificou a súa adhesión a ambos os convenios.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Engadir a entidade financeira Banco Sabadell á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, asinado o 20 de setembro de 2009.

Segundo.-Engadir a entidade financeira Banco Sabadell á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio polo que se establece unha liña de avais de Igape para facilitarlles ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional, asinado o 20 de setembro de 2009.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2009.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica