DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 17 de novembro de 2009 Páx. 17.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2009 pola que se convocan unhas xornadas sobre intervención e defensa persoal policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dunhas xornadas sobre intervención e defensa persoal policial, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Datos da actividade.

Denominación: intervención e defensa persoal policial.

Tipo: xornada.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación ante as distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

Contido: novas técnicas de intervención policial, detención e autodefensa.

Segunda.-Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as: persoal dos corpos das policías locais de Galicia e da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de quedaren prazas vacantes cubriríanse con persoal dos restantes corpos de seguridade que teñan destino na Comunidade Autónoma de Galicia; neste caso por rigorosa orde de entrada de solicitudes.

Prazas ofertadas: 80 prazas.

Terceira.-Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 11 de decembro de 2009.

Para inscribirse os solicitantes formalizarán a solicitude de participación que se encontra na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es, na alínea Actividades formativas, cursos con inscrición aberta, non sendo admisibles outros modelos de solicitude, e remitirana telematicamente.

Esta mesma solicitude, unha vez remitida a través da web, deberán imprimila, asinala o/a solicitante e obter tamén a sinatura da autoridade do concello da que dependa, enviándoa á Academia Galega de Seguridade Pública, avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, a través do fax 886 20 61 22, por correo postal ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Listaxe de solicitudes seleccionadas: o día 15 de decembro de 2009 a Academia Galega de Seguridade publicará no taboleiro de anuncios e no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación que resultaren seleccionadas segundo os criterios previstos no artigo 20 do Regulamento de réxime interior da Agasp (Orde do 4 de febreiro de 2009, DOG número 30, do 12 de febreiro), en relación co artigo 45 do Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.

Obrigas das persoas seleccionadas: as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. Esta renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, de 16 de outubro).

Cuarta.-Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

Horario:

-Día 18: xornada de tarde (das 16.00 ás 21.00 horas).

-Día 19: xornada de mañá (das 9.00 ás 14.00 horas) e tarde (das 16.00 ás 21.00 horas).

-Día 20: xornada de mañá (das 9.00 ás 14.00 horas).

Datas: 18, 19 e 20 de decembro de 2009.

Certificado de asistencia: ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Materiais: o persoal admitido deberá presentarse a estas xornadas provisto de roupa deportiva e, no caso de ser posible, co material profesional de que dispoñan (grillóns, bastón policial, tonfa...).

Quinta.-Baremación da actividade.

Para os efectos do previsto nos anexos II e III da Orde do 28 de xaneiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no DOG do 2 de febreiro, esta actividade terá unha baremación de 0,300 puntos.

Sexta.-Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG número 30, do 12 de febreiro).

Sétima.-Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 11 de novembro de 2009.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública