DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 17 de novembro de 2009 Páx. 17.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 11 de novembro de 2009 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación convocadas pola Orde do 25 de xuño de 2009.

Pola Orde do 25 de xuño de 2009 establecéronse as bases e convocáronse para o ano 2009 as axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (DOG nº 132, do 8 de xullo de 2009).

No artigo 25º.-Financiamento das axudas. Relativo ao financiamento destas axudas, detállase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para elas. Tendo en conta a dimensión dos proxectos incluídos nas solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido na orde desta consellería citada anteriormente.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 14 e 31.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se recolle na orde desta consellería, do 25 de xuño de 2009 (DOG nº 132, do 8 de xullo), pola que se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación, con cargo á seguinte partida orzamentaria:

Aplicación 49.02.712C.770.1, cofinanciada con fondos Feader, cunha taxa do 57,56%, por un importe de 155.000 € para o ano 2009, 10.000 € para o ano 2010 e 30.000 € para o ano 2011.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 25 de xuño de 2009.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2009.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural