DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 17 de novembro de 2009 Páx. 17.773

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 13 de novembro de 2009 pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións públicas destinadas á realización de accións de apoio e de acompañamento á formación, de ámbito autonómico, correspondentes ao exercicio do ano 2009, en aplicación da Orde TIN/2805/2008, do 26 de setembro, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego en materia de accións de apoio e acompañamento á formación e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

O obxecto dos proxectos que se van financiar neste exercicio mediante esta orde de convocatoria ademais de mellorar a calidade das accións formativas e estender o subsistema de formación profesional para o emprego cara a ámbitos en que aínda non está plenamente introducido, especialmente ás pequenas e medianas empresas co fin de facilitar o acceso á formación dos seus traballadores.

Preténdese con isto facilitar a adaptación e evolución das profesións e os contidos dos postos de traballo, así como conseguir unha mellora nas competencias e cualificacións, indispensables para manter e fortalecer a situación competitiva das empresas e a cualificación das persoas traballadoras ocupadas.

O Regulamento (CE) nº 1081/2006, do 5 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (CE) nº 396/2009, do 6 de maio do 2009, sinala que o Fondo apoiará, entre outras, as accións nos Estados membros encamiñadas a facilitar o acceso ao emprego e a inserción no mercado de traballo, as políticas de fomento e mellora da formación profesional e da formación en xeral.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece que a aprendizaxe permanente é un elemento esencial na sociedade do coñecemento. Inclúe esta lei dentro do ámbito da formación profesional, entre outras ensinanzas, as orientadas á formación dos traballadores/as ocupados/as nas empresas, que permitan a adquisición e a actualización permanente das competencias profesionais.

De conformidade co disposto no novo marco competencial, en concreto da Orde TIN/2805/2008, do 26 de setembro, a Comunidade Autónoma de Galicia dispón de competencia para a xestión das accións de apoio e de acompañamento á formación que se desenvolvan exclusivamente no seu ámbito territorial.

O Real decreto 395/2007, do 23 de marzo , polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego ten como obxecto ofrecer aos traballadores, tanto ocupados/as como desempregados/as, unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo e que atenda os requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores/as, de forma que os capacite para o desempeño cualificado das distintas profesións e para o acceso ao emprego. Entre as iniciativas que recolle o citado real decreto, figuran as accións de apoio e de acompañamento á formación, que se regulan nesta orde de convocatoria.

A Orde TIN/2805/2008, do 26 de setembro, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas á realización das accións de apoio e de acompañamento á formación.

O II Plan Galego de Formación Profesional defínese basicamente como un plan que concibe integralmente a política de cualificacións e da formación profesional. Este carácter integral implica, en canto aos fins, seguir avanzando cara á constitución dun sistema de formación profesional integrado en Galicia e supón tamén considerar como beneficiaria deste plan o conxunto da poboación activa. Para acadar estes obxectivos, o plan articúlase a través de catro liñas estratéxicas de actuación que inciden na integración dos sistemas de cualificacións e formación profesional, no óptimo aproveitamento dos recursos e da xestión, na calidade e innovación e na promoción da aprendizaxe permanente ao longo da vida.

O Acordo galego de formación continua asinado o 29 de marzo de 2004 entre a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e os axentes sociais ten como un dos seus obxectivos principais a mellora da competencia profesional e a actualización dos coñecementos e capacidades dos traballadores e traballadoras, segundo as necesidades de evolución do seu emprego como consecuencia dos cambios tecnolóxicos e organizativos dos procesos de produción.

O Acordo do diálogo social en Galicia asinado o 5 de febreiro de 2007 recolle entre os seus obxectivos proporcionarlle aos traballadores a formación axeitada para a promoción persoal, para os requirimentos do mercado de traballo e para as necesidades das empresas, contribuíndo á mellora da produtividade e da competitividade destas.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece no seu artigo 5.2º que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación, aos cales se axusta esta disposición.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, polo que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma, e, consecuentemente, a esta orde de convocatoria.

Polo Decreto 7/2005, do 13 de xaneiro, créase a Comisión Galega de Formación Profesional Continua, como órgano tripartito e paritario entre a Administración autonómica e os axentes sociais máis representativos de Galicia, co obxecto de poñer en funcionamento a formación profesional continua en Galicia dentro do novo ámbito competencial e de xestión.

Son obxecto de subvención nesta convocatoria as accións de prospección e análise, as accións destinadas á elaboración e experimentación de produtos, técnicas e ferramentas de carácter innovador para a mellora da formación profesional para o emprego, e accións de avaliación da formación profesional para o emprego.

O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos do programa 48.05.323b.481.0, 1.081.716 € que figuran nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2009 e 600.000 € para o ano 2010 e do programa 48.05.323b.471.0, 1.645.000 € que figura nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2009 e 300.000 € para o ano 2010, rexistrados co código de proxecto 2009.01009.

As axudas previstas nesta orde estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) e pola Administración xeral do Estado, e están incluídas no Programa operativo plurirrexional Adaptabilidade e emprego número 2007ESO5UPO001, imputables ao novo período de programación dos fondos estruturais 2007-2013. De acordo coas disposicións xerais establecidas no Regulamento (CE) Nº 1083/2006, do Consello do 11 de xullo de 2006, a achega do Fondo Social Europeo á actividade cofinanciada será do 80% do custo da mesma.

Na súa virtude, consultada a Comisión Galega de Formación Profesional Continua e o Consello Galego de Relacións Laborais, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto da convocatoria.

1. Esta orde ten como obxecto a aprobación da convocatoria de subvencións destinadas á realización de accións de apoio e acompañamento á formación, de ámbito autonómico.

2. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por accións de apoio ou de acompañamento á formación aquelas que teñen por obxecto a investigación e prospección do mercado de traballo para anticiparse aos cambios nos sistemas produtivos, a análise da repercusión da formación para o emprego na competitividade das empresas e na cualificación dos/as traballadores/as, a elaboración de produtos e ferramentas innovadores relacionados coa formación para o emprego e, en definitiva, a determinación das necesidades de formación precisas para coadxuvar ao progreso económico dos sectores produtivos no conxunto da economía.

Artigo 2º.-Finalidade e principios que rexen a concesión de subvencións.

1. Os proxectos obxecto de financiamento nesta convocatoria terán como finalidade o desenvolvemento de accións de investigación, prospección do mercado do traballo, determinación das necesidades de formación, análise da repercusión da formación profesional para o emprego na competitividade das empresas e dos/as traballadores/as, a realización de estudos de carácter sectorial e multisectorial, e produtos e ferramentas innovadores relacionados coa formación para o emprego, dirixidas ao ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os proxectos financiados por esta convocatoria deberán estar destinados á mellora e eficacia da formación profesional para o emprego, e non poderán dirixirse especificamente ao ámbito da Administración pública.

3. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.

Artigo 3º.-Requisitos das entidades solicitantes, acreditación e límites de participación.

1. Poderán ser solicitantes das subvencións, as empresas, entidades ou organizacións sen ánimo de lucro inscritas na Seguridade Social, que inclúan entre os seus fins o desenvolvemento de actividades tipificadas como accións financiables ou relacionadas coa formación para o emprego e que, observando as bases e criterios establecidos, se axusten ás modalidades de accións financiables e requisitos que regula esta norma.

Non poderán ser solicitantes destas subvencións as administracións públicas.

2. A entidade solicitante deberá acreditar experiencia na realización de estudos, investigacións ou proxectos de natureza similar aos solicitados durante un período de polo menos tres anos, coa realización dalgún traballo semellante ou relacionado co proposto.

3. No caso de que a entidade solicite a realización dunha acción de apoio e acompañamento que implique o seguimento e a avaliación doutras accións de apoio, a entidade só poderá realizar unha única solicitude.

4. De conformidade co establecido no artigo 8.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando a beneficiaria sexa unha persoa xurídica, os membros asociados da beneficiaria que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro terán igualmente a consideración de beneficiarios/as. Tamén terán a dita consideración as agrupacións formadas polas entidades previstas no punto 1 deste artigo con entidades vinculadas a elas, que teñan entre os seus fins o desenvolvemento das actividades a que se refire esta orde.

O representante ou a persoa apoderada única da agrupación deberá pertencer a algunha das entidades beneficiarias previstas no punto 1 deste artigo.

5. Non poderán obter a condición de beneficiaria as entidades en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 8 do regulamento que desenvolve a lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

6. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos extremos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

7. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Dirección Xeral de Formación e Colocación publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa de crédito orzamentario ao cal se imputan, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

8. Igualmente, publicaranse na páxina web oficial nos termos previstos no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

9. As beneficiarias das axudas concedidas, tal e como se recolle no artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, autorizan a inclusión destas axudas no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios e máis no de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006 co contido e a forma que regulamentariamente se determine.

Capítulo II

Accións financiables e documentación técnica

Artigo 4º.-Accións financiables.

a) Accións de prospección e análise. Estas accións estarán destinadas a afondar no coñecemento dos factores que configuran as demandas de formación, dos problemas e necesidades específicas de formación nos distintos sectores económicos ou ámbitos territoriais e outras materias que afectan de forma xeral á formación profesional para o emprego, co fin de anticiparse aos cambios nas cualificacións profesionais e adaptar os módulos formativos de acordo co que se estableza na normativa reguladora dos certificados de profesionalidade. Así mesmo, facilitarán aos axentes implicados a información necesaria para que a formación profesional proporcione aos/ás traballadores/as desempregados/as e ocupados/as os coñecementos e prácticas adecuados ás competencias profesionais requiridas no mercado de traballo. Igualmente, estas accións terán entre os seus fins coñecer as necesidades formativas dos/as traballadores/as con maior dificultade de inserción ou de mantemento no mercado de traballo, aos

cales se refire o artigo 5.3º do Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, e das pequenas e medianas empresas.

b) Accións para a elaboración e experimentación de produtos, técnicas e/ou ferramentas de carácter innovador de interese para a mellora da formación profesional para o emprego. Estarán destinadas a facilitar ás empresas e aos distintos axentes que participan na xestión da formación dos/as traballadores/as desempregados/as e ocupados/as os instrumentos que lles permitan mellorar a súa organización, planificación e desenvolvemento. Terán especial consideración aquelas accións referidas a ferramentas e metodoloxías de aprendizaxe baseadas en novas tecnoloxías de información e comunicación que estendan a formación aos traballadores de pequenas empresas.

c) Accións de avaliación da formación profesional para o emprego. Estas accións estarán destinadas a realizar procesos de avaliación da formación dos diferentes sectores de actividade económica ou ámbitos territoriais e a desenvolver metodoloxías e ferramentas de avaliación para que poidan ser aplicados por quen participa e xestiona a formación, co fin de mellorar a súa calidade.

Os estudos e accións realizaranse prioritariamente nos sectores e ámbitos que se relacionan no anexo I desta convocatoria.

Artigo 5º.-Xornadas técnicas de difusión dos produtos finais.

1. Todos os proxectos subvencionados con cargo a esta orde poderán incluír a realización dunha xornada técnica que teña por obxecto a difusión dos seus produtos finais, así como a xeración de propostas, alternativas e suxestións sobre os seus resultados. Os proxectos deberán comprometer a súa realización na solicitude, de acordo coas instrucións da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. A Dirección Xeral de Formación e Colocación coordinará a realización de xornadas de difusión conxuntas ou simultáneas, de forma que optimicen os seus obxectivos e alcancen mellores cotas de difusión.

Capítulo III

Iniciación do procedemento

Artigo 6º.-Prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación de solicitudes para o financiamento de accións de apoio e de acompañamento á formación con cargo a esta convocatoria será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7º.-Solicitudes.

1. As solicitudes faranse no modelo normalizado que se publica como anexo II a esta orde e que se subministrará nos departamentos territoriais da consellería, na Dirección Xeral de Formación e Colocación ou en calquera das oficinas administrativas de información ao cidadán, subscritas polo titular ou representante legal da entidade debidamente acreditado e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da capacidade legal para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito)

b) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade e do documento de identidade da persoa que actúa en nome e representación da persoa xurídica solicitante.

c) Copia compulsada dos estatutos da entidade debidamente legalizados.

d) Unha ficha por cada unha das accións no modelo normalizado, segundo o anexo III.

e) Unha memoria-proxecto en que se fará referencia, polo menos, aos seguintes extremos:

-Xustificación da proposta.

-Obxectivos xerais e específicos.

-Descrición da planificación e desenvolvemento do proxecto.

-Descrición do ámbito sectorial, territorial e do colectivo destinatario.

-Metodoloxía

-Xustificación da capacidade técnica da entidade solicitante para a xestión da acción que solicita e descrición da súa experiencia en traballos semellantes.

-Experiencia e cualificación dos recursos humanos presentando os perfís profesionais detallados e así mesmo unha descrición do equipamento técnico que a entidade solicitante utilizará para o desenvolvemento da acción ou, se é o caso, os da entidade ou entidades que participan no desenvolvemento do proxecto.

-Principais resultados ou produtos finais previstos.

-Orzamento

f) Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas, ou concedidas, para a mesma acción de apoio, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

g) Documentos acreditativos da inscrición da entidade na Seguridade Social correspondente e de reunir os requisitos establecidos para ser entidade beneficiaria da subvención que solicita.

h) Declaración de non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13.2º e 3º, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

i) Declaración responsable do compromiso do desenvolvemento das accións en galego, de ser o caso.

l) No caso de solicitudes presentadas para accións do anexo I relacionadas coa avaliación e seguimento doutras accións de apoio, declaración de non ter relación ningunha, directa ou indirecta, con ningunha outra acción solicitada ao abeiro desta orde.

2. A solicitude deberá presentarse no rexistro xeral da Consellería de Traballo e Benestar, San Lázaro s/n 15781 Santiago de Compostela, nos seus departamentos territoriais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e será subscrita pola persoa titular ou representante legal da entidade coa debida acreditación, dirixida á persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar.

3. A presentación pola entidade interesada da solicitude de concesión das subvencións reguladas nesta orde comportará a autorización á Consellería de Traballo e Benestar para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Non obstante, a entidade solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente

4. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se presentase a documentación, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

Capítulo IV

Instrución do procedemento

Artigo 8º.-Procedemento.

1. Recibidas as solicitudes a comisión de valoración estudiaraas e cualificaraas, e, unha vez analizada a documentación achegada polas entidades solicitantes, emitirá informe sobre os expedientes aplicando os criterios de valoración establecidos nesta orde.

2. A Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá solicitar de entidades independentes a realización de informes técnicos previos que contribúan á mellora da baremación das solicitudes, sen que os informes resulten vinculantes para a comisión de valoración.

3. Unha vez baremados os expedientes pola comisión de valoración, a Comisión Galega de Formación Profesional Continua emitirá informe sobre eles.

4. As entidades deberán acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, de acordo co artigo 11 e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Todo isto sen prexuízo das excepcións establecidas no artigo 48 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2009.

5. Á vista do expediente e dos informes preceptivos que se emitan, o órgano instrutor, a Dirección Xeral de Formación e Colocación, formulará proposta de resolución.

6. A comisión de valoración estará composta pola subdirectora xeral de Formación para o Emprego, que a presidirá, e serán vogais os/as xefes/as dos servizos de Planificación de Formación para o Emprego e do Observatorio Ocupacional, actuando o primeiro como secretario/a, e dous/dúas técnicos/as da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

7. Se, por calquera causa, cando a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe a directora xeral de Formación e Colocación.

Artigo 9º.-Valoración técnica das solicitudes.

1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación procederá á valoración técnica das solicitudes que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria para o ese tipo de acción, propoñendo a denegación daquelas que non os cumpran.

2. A selección das solicitudes que se van financiar realizarase segundo a puntuación obtida logo de valoración técnica e económica do proxecto, tendo en conta que primeiro se resolverán as accións incluídas no anexo I previsto no artigo 4º, e a continuación o resto das accións presentadas.

3. Para os efectos da valoración técnica e para garantir a concorrencia, só se terá en conta a información incluída no expediente no prazo de presentación de solicitudes.

4. A Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá propoñer non financiar ningún proxecto para algún dos tipos de accións, se ningunha das solicitudes acada a valoración técnica mínima que determine a comisión de valoración.

5. Os criterios de valoración técnica serán os seguintes:

Bloque 1: presentación xeral e deseño da acción (ata 45 puntos).

a) Presenta unha metodoloxía rigorosa e axeitada ao obxecto da investigación especificando as técnicas de análise que se van utilizar (20 puntos).

b) Describe con claridade os obxectivos e estes coinciden cos fins descritos no artigo 2º para as accións de apoio (10 puntos).

c) Os resultados teñen utilidade e posibilidade de transferencia aos territorios e aos sectores (10 puntos).

d) O proxecto presenta propostas novas e de actualidade, ou que implican melloras sobre aspectos xa coñecidos (5 puntos).

Bloque 2: entidades que desenvolven o proxecto e equipo técnico (ata 50 puntos).

a) Adecuación do perfil do persoal técnico da entidade solicitante ou dos seus membros asociados, de existiren estes, e cumprir cos requisitos para a súa participación (ata 20 puntos). Para a valoración deste punto é imprescindible presentar currículos, ou perfís profesionais perfectamente detallados.

b) Proxectos de iguais ou semellantes características realizados pola entidade solicitante ou os seus membros asociados, de existiren estes, e cumprir cos requisitos para a súa participación (ata 10 puntos).

c) Proxectos que supoñan unha continuidade dos realizados en convocatorias anteriores pola entidade solicitante (ata 10 puntos).

d) Experiencia en traballos similares do persoal técnico que vai desenvolver o proxecto (ata 10 puntos).

Bloque 3: emprego da lingua galega no desenvolvemento das accións. (5 puntos).

5. Teranse en conta os resultados do seguimento e control da calidade das accións de apoio que realizou o solicitante na última convocatoria, podéndose reducir polas ditas causas ata un 10% da valoración técnica.

6. No caso de que dúas ou máis propostas para o desenvolvemento do mesmo produto final obteñan igual valoración técnica total, seleccionarase a que solicitase menor financiamento, e se este fose idéntico, a que obtivese maior puntuación no segundo bloque de valoración.

7. Unha mesma entidade non poderá ser beneficiaria de máis de tres accións en cada unha das modalidades comprendidas no artigo 4º. No caso de que algunha entidade reunise os requisitos para ser beneficiaria dalgún proxecto máis, seleccionaranse os tres de financiamento máis elevado.

Artigo 10º.-Determinación da subvención.

1. Unha vez ordenadas as solicitudes, as que superen a puntuación mínima establecida pola comisión de valoración serán resoltas de acordo co establecido no artigo 9º, en función da súa valoración, ata esgotar a dispoñibilidade orzamentaria.

2. Das accións financiables reguladas no artigo 4º, serán excluídos aqueles proxectos que se encontren nalgunha das situacións seguintes:

-Que o produto non reúna as características esixidas na documentación técnica correspondente.

-Que exista un produto formativo similar.

-Que se solicite un produto similar no mesmo prazo de presentación e obteña maior valoración técnica.

3. As axudas previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 11º.-Custos subvencionables.

A. Custos directos das accións de apoio:

1. As retribucións de persoal interno e externo en que se poderán incluír salarios, seguros sociais e, en xeral, todos os custos imputables ao persoal no exercicio das actividades de que forman parte da execución das accións aprobadas.

2. Os gastos de amortización de equipos e plataformas tecnolóxicas utilizados, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o seu alugamento ou arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, soportados na execución das accións aprobadas.

3. Os gastos en bens consumibles utilizados na realización das accións aprobadas, incluíndo o material de protección e seguridade.

4. Os gastos de alugamento, arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, ou amortización dos locais utilizados expresamente no desenvolvemento das accións aprobadas.

5. Gastos de transporte, manutención e aloxamento que se realicen no territorio nacional imputables ao persoal que participa na execución das accións aprobadas, cos límites fixados na Orde EHA/3771/2005, do 2 de decembro, pola que se revisan os gastos de locomoción e axudas de custo no IRPF. Poderanse incluír neste punto os custos de transporte, manutención e aloxamento fora do territorio nacional cando sexa necesario para o desenvolvemento dalgunha das accións subvencionables e así estea establecido na correspondente convocatoria.

6. Custos directamente ocasionados pola execución das accións de apoio, que non se recollan no resto dos puntos, tales como publicidade, difusión, comunicación, entre outros, cando estas actividades estean recollidas na correspondente convocatoria.

B. Custos asociados das accións de apoio:

1. Custos asociados ao desenvolvemento de accións de apoio, en particular luz, auga, calefacción, teléfono, mensaxaría, correo, limpeza e seguridade, e outros custos non especificados anteriormente, asociados á execución da actividade subvencionada.

2. En calquera caso, os custos asociados deben responder a custos reais, efectivamente realizados, pagados e xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente.

3. A suma dos custos asociados non poderá superar o 10% do total dos custos directos das accións de apoio.

Capítulo V

Terminación do procedemento

Artigo 12º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle á directora xeral de Formación e Colocación, por delegación da conselleira e deberá ser notificada ás persoas interesadas no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. Transcorrido o citado prazo sen que se ditase resolución expresa, as persoas interesadas entenderán desestimada a súa solicitude.

2. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

3. As resolucións ditadas poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

4. Unha vez ditada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria poderá solicitar a súa modificación cando afecte o contido da actividade subvencionada, á forma ou prazos da súa execución ou de xustificación dos correspondentes gastos. A solicitude de modificación deberá fundamentarse suficientemente e deberá formularse con carácter inmediato cando aparezan as circunstancias que a xustifiquen e, en todo caso, con anterioridade ao momento en que finalice o prazo de execución da actividade subvencionada.

As solicitudes de modificación someteranse aos órganos competentes para a instrución do procedemento de concesión, logo do informe do órgano colexiado previsto no artigo 8º.6 desta orde, e serán resoltas polo órgano que ditou a resolución de concesión. A modificación só poderá autorizarse no caso de que aparezan circunstancias excepcionais de forza maior que alteren, dificulten ou imposibiliten o desenvolvemento da actividade subvencionada tal e como foi aprobada e, en todo caso, sempre que non se produzan danos a terceiros.

O órgano debe ditar resolución aceptando ou denegando a modificación proposta no prazo dun mes desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen notificar a resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada.

Artigo 13º.-Pagamento das subvencións.

1. O aboamento da subvención farase efectivo da seguinte forma:

a) Ata o 80 por 100 do total do orzamento de gastos de cada acción subvencionada, en concepto de anticipo, no momento en que a Dirección Xeral de Formación e Colocación reciba comunicación da entidade beneficiaria en que se notifique o inicio da acción.

b) O importe restante, unha vez rematadas todas as accións subvencionadas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha.

2. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias, e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde, o Servizo de Xestión Administrativa de Formación para o Emprego da Dirección Xeral de Formación e Colocación, emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

3. As entidades beneficiarias deberán presentar, antes do aboamento da liquidación final, declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución) para a mesma acción, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

4. No caso de que a xustificación fose incorrecta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclamar o reintegro, total ou parcial, da axuda concedida.

5. As entidades beneficiarias deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ao cobramento das subvencións que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Todo isto sen prexuízo das excepcións establecidas no artigo 48 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Artigo 14º.-Condicións para adquirir e conservar o dereito á subvención.

1. A adquisición e conservación do dereito á subvención implica para a entidade beneficiaria cumprir coas seguintes obrigas:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais desta orde, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a valoración técnica e a subvención que se vai conceder.

b) Achegar a información e documentación que se requira durante a fase de instrución do procedemento e execución do proxecto.

c) Presentar a xustificación do cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión da subvención, así como da realización da actividade que fundamenta a concesión e dos seus custos.

d) Ter realizado ou, se é o caso, garantido as devolucións de cantidades concedidas e pagadas en convocatorias anteriores e cuxa devolución lle fose exixida mediante reclamación previa á vía executiva ou mediante resolución de procedencia de reintegro, salvo que se acordase a suspensión do acto.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica de todos os ingresos e gastos de execución das accións de apoio e de acompañamento á formación profesional para o emprego.

f) Comunicarlle á Administración competente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Estes ingresos serán incompatibles coa subvención que corresponda, polo que esta será minorada na cantidade xa percibida.

g) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

h) Non incorrer no falseamento de datos contidos na solicitude ou nos documentos e certificados presentados aos órganos competentes na tramitación das solicitudes e na concesión das subvencións.

i) Facer constar o carácter público do financiamento da actividade subvencionada e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

j) A entidade beneficiaria deberá asumir, en todo caso, a execución do deseño da acción subvencionada, a elaboración final de resultados e informes, así como a coordinación de todas as fases de realización do proxecto, e non poderá delegar nin contratar con terceiros o desenvolvemento total nin parcial destas actividades. A execución de calquera outra actividade necesaria para o desenvolvemento do proxecto poderá ser subcontratada con outra entidade.

2. As entidades beneficiarias das subvencións deberán incluír nos produtos finais, nas accións de difusión e información do proxecto aprobado e nas publicacións que deriven destes, o logotipo do Fondo Social Europeo co eslogan Inviste no teu futuro e o logotipo da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar).

3. A entidade beneficiaria de cada proxecto será responsable do cumprimento das obrigas anteriormente mencionadas.

Capítulo VI

Execución, xustificación de custos e liquidación

Artigo 15º.-Prazo para a realización das accións.

As accións de apoio e de acompañamento á formación que se financien con cargo a esta convocatoria deberán executarse nos doce meses seguintes contados a partir do mes da publicación desta orde e deberán estar xustificados todos os gastos no prazo dun mes desde o seu remate.

Artigo 16º.-Execución da acción.

1. A subvención outorgada destinarase á realización do proxecto nos termos establecidos na solicitude e na resolución da conselleira de Traballo e Benestar. A súa percepción e contía quedarán suxeitas ao cumprimento de cantos requisitos, condicións e obrigas correspondan ao solicitante de acordo co previsto na Orde TIN/2805/2008, do 26 de setembro, nesta convocatoria e na correspondente resolución de concesión da subvención.

2. Para manter o financiamento concedido será necesario que non se alteren a natureza do produto final nin as condicións que motivaron a aprobación da solicitude. O incumprimento das ditas condicións, ou do contido da solicitude, poderá supoñer a minoración da cantidade correspondente na liquidación do expediente.

Artigo 17º.-Obrigas das entidades beneficiarias.

1. Contar con recursos humanos e materiais propios para a realización das funcións que lle corresponden e, en todo caso, asumir a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración, debendo asegurar, tanto aquela como a entidade colaboradora, o desenvolvemento satisfactorio das funcións dos organismos de seguimento e control.

2. Para o obxecto de garantir o efecto transferible dos proxectos subvencionados, a entidade beneficiaria da subvención deberá ceder á Xunta de Galicia os dereitos de explotación do material elaborado como resultado da acción financiada, con reserva destes a favor da entidade beneficiaria, dentro dos termos establecidos polo Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual.

A cesión de dereitos anteriormente descrita entenderase referida aos resultados ou produtos da acción subvencionada. Non se poderá obter beneficio económico ningún da utilización nin do exercicio dos dereitos da súa explotación.

3. Facilitar á Consellería de Traballo e Benestar o acceso á plataforma e software necesarios para a utilización dos produtos formativos durante o seguimento e a comprobación do desenvolvemento de todas as fases do proxecto.

4. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación calquera incidencia ou cambio, respecto do indicado na solicitude de financiamento que se produza no desenvolvemento do proxecto e que supoña unha adaptación nos procesos sen alterar as condicións da resolución de concesión. Estas incidencias deberán comunicarse en todo caso cunha antelación mínima dun mes á finalización do prazo de execución establecido.

5. Os datos da xestión das accións de apoio e de acompañamento á formación deberán introducirse en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Formación e Colocación poñerá á disposición dos centros. Para que este proceso en liña se poida realizar, os centros solicitantes deberán dispoñer de saída á internet a través dunha liña RDSI, ADSL ou outra de calidade equivalente ou superior.

No caso de detectarse desviacións de carácter non admisible na execución, serán comunicadas á entidade beneficiaria e o proxecto deberá reaxustarse ás condiciones iniciais de aprobación.

6. Con independencia do anterior, a entidade beneficiaria está obrigada a facilitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación cantos datos e documentos lle sexan solicitados sobre o proxecto durante a súa execución e unha vez finalizado este, co obxecto de permitir a adecuada verificación do seu desenvolvemento, o uso do financiamento concedido e a avaliación dos resultados obtidos.

7. Os datos e informes obtidos durante a realización das accións así como os seus resultados finais, terán para a entidade solicitante o carácter de confidencial. Cando a citada entidade desexe utilizar os resultados parciais ou finais, en parte ou na súa totalidade, para a súa difusión ou publicación como artigo, conferencia, etc., deberá solicitar a conformidade da Dirección Xeral de Formación e Colocación por escrito.

8. Someterse ás actuacións de supervisión, control e comprobación que poida efectuar a Dirección Xeral de Formación e Colocación, así como a calquera outra actuación, de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio de actuacións anteriores.

9. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións reguladas nesta orde, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación ou revogación das resolucións de concesión.

10. As entidades beneficiarias de subvención deberán acreditar, con independencia da súa contía, tanto antes de ditar resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Todo isto sen prexuízo das excepcións establecidas no artigo 48 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Artigo 18º.-Xustificación dos custos.

1. A entidade beneficiaria deberá xustificar os custos en que incorra á hora de executar as diferentes fases do proxecto aprobado desde a aceptación da proposta de resolución e que o gasto xustificado será o efectivamente pagado. Para isto deberá ter en conta a relación de custos financiables e os seguintes criterios de xustificación:

a) Deberá xustificar os custos en que incorra na execución das accións de apoio e de acompañamento á formación. Para isto, deberá ter en conta a relación de custos financiables establecidos no artigo 11º desta orde.

b) Os custos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio, en orixinal ou fotocopia compulsada logo de selado do orixinal, co detalle suficiente para acreditar a correcta aplicación dos fondos. Estes documentos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as obrigas de facturación, modificado polo Real decreto 87/2005, do 31 de xaneiro.

Cando de acordo coas normas de contabilidade xeralmente aceptadas se admita a xustificación de custos mediante notas de cargo, estas deberán ir acompañadas cos documentos xustificativos que soportan o gasto ou as súas imputacións.

c) A entidade beneficiaria da subvención estará obrigada a conservar os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a concesión da subvención, así como da aplicación dos fondos recibidos. O prazo será de cinco anos e computarase a partir do momento en que finalice o período establecido para presentar a citada xustificación por parte da beneficiaria. No suposto de accións cofinanciadas con fondos comunitarios, aplicarase a este respecto o que estableza a normativa comunitaria.

As entidades que, sen ter transcorrido o citado período, decidan suspender a súa actividade ou disolverse, deberán remitir copia da citada documentación á Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. Cando o importe do gasto subvencionable por subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultaría o asistencia técnica supere a contía de 12.000 euros, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía.

Xunto coa xustificación dos custos do proxecto deberán presentarse as ofertas indicadas no parágrafo anterior e unha memoria xustificativa da elección. Nos caso de que polas especiais características dos bens ou servizos contratados non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren ou presten, deberá xustificarse tal circunstancia.

3. As entidades beneficiarias deberán asumir, en todo caso, a execución do deseño da acción subvencionada, a elaboración final de resultados e informes, así como a coordinación de todas as fases de realización do proxecto, non podendo delegar nin contratar con terceiros o desenvolvemento total nin parcial destas actividades. A execución de calquera outra actividade necesaria para o desenvolvemento do proxecto poderá ser subcontratada con outra entidade, logo de autorización da directora xeral de Formación e Colocación, e sempre axustándose ao artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de subcontratación, as facturas que emitan os subcontratistas deberán conter unha desagregación suficiente para identificar os custos imputados a cada acción de apoio e acompañamento á formación.

Artigo 19º.-Liquidación das subvencións.

1. A entidade beneficiaria deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación dentro do prazo máximo dun mes tras a finalización do prazo de execución correspondente ao proxecto a súa realización cubrindo e remitindo a seguinte documentación:

a) Produtos finais íntegros, que dán cumprimento ao obxecto para o que foi concedida a subvención conforme esta convocatoria.

b) Documentación xustificativa dos custos relativos á execución do proxecto aprobado e documentos normalizados, facilitados para o efecto, cubertos, de conformidade cos custos financiables e criterios establecidos.

c) Xustificante de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, de ser o caso.

d) Acreditación da participación das entidades que colaboraron no proxecto e na súa difusión.

2. A entidade beneficiaria deberá presentar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, cantos datos e documentos lle sexan solicitados, no prazo de 10 días, para o obxecto de permitir a adecuada verificación do desenvolvemento da acción, o uso do financiamento concedido, a avaliación dos resultados obtidos e a mellor adecuación dos produtos aos obxectivos da convocatoria.

3. A Dirección Xeral de Formación e Colocación practicará a proposta de liquidación, baseada nos custos xustificados da acción subvencionada así como na cantidade certificada, unha vez examinada a documentación presentada e avaliados os resultados obtidos e a calidade do produto final.

4. Cando a documentación xustificativa presentada fose suficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, ou se emendasen as insuficiencias detectadas, a Dirección Xeral de Formación e Colocación procederá á ordenación do pagamento correspondente.

Artigo 20º.-Incumprimento de obrigas e reintegro.

1. Segundo o artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia procederá o reintegro total ou parcial da subvención ou da axuda pública percibida no suposto do incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e xustificación da subvención.

2. O incumprimento por parte da beneficiaria do prazo de realización ou de xustificación das accións concedidas, suporá de forma automática a perda do dereito á percepción da axuda concedida.

3. A gradación dos posibles incumprimentos determinarase de acordo cos seguintes criterios:

a) O incumprimento total dos fins para os que foi concedida a subvención ou da obriga da súa xustificación dará lugar ao reintegro do 100% da subvención concedida.

b) O incumprimento parcial dos fins para os que se concedeu a subvención ou da obriga da súa xustificación dará lugar ao reintegro parcial da subvención concedida. A subvención e orzamento financiable que se vai xustificar minorarase na porcentaxe que deixe de cumprirse, sempre que os gastos sexan debidamente xustificados.

Capítulo VII

Seguimento, control e avaliación das accións de apoio

Artigo 21º.-Seguimento, control e avaliación.

1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación realizará, directamente ou a través de entidades que colaboren con ela, as actuacións de seguimento, control e avaliación que garantan o establecido nesta orde, tanto no referido á execución como á transferencia de resultados.

2. A avaliación das accións de apoio irá destinada a verificar a súa calidade respecto dos seus obxectivos, metodoloxía, orixinalidade, innovación, produtos ou resultados finais e transferibilidade.

Disposicións adicionais

Primeira.

A realización das accións previstas nesta orde e a conseguinte concesión de subvencións estará supeditada á existencia de crédito suficiente nas aplicacións 48.05.323b.481.0 e 48.05.323b.471.0 que figuran nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2009 e nas aplicacións 48.05.323b.481.0 e 48.05.323b.471.0 dos orzamentos xerais para o ano 2010.

Segunda.

En todo o non previsto nesta orde, será de aplicación o establecido na Orde TIN/2805/2008 do 26 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas á realización das accións de apoio e de acompañamento á formación, e que desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, que regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, no que sexa de aplicación, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve, quedando as/os beneficiarias/os das axudas reguladas nesta orde suxeitos ao réxime disciplinario previsto nas citadas disposicións.

Terceira.

Poderán efectuarse resolucións de apoio no caso de que haxa incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma que deberá provir de incorporacións, ampliacións, remanentes ou xeracións de crédito, e deberán ser obxecto de publicación no DOG. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non se poderán ter en conta outras solicitudes distintas das que se tiveron en conta para a resolución inicial.

Cuarta.

Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Traballo e Benestar na directora xeral de Formación e Colocación para a autorización, disposición, recoñecemento de obrigas, propostas de pagamento das subvencións reguladas nesta orde e resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias, das que traen causa, ditadas por delegación do conselleiro/a.

Quinta.

1. A información contida nas comunicacións realizadas polas entidades solicitantes, e por aquelas que resulten beneficiarias, á Dirección Xeral de Formación e Colocación, ao amparo desta convocatoria, quedará sometida á normativa vixente en materia de protección de datos.

2. Os datos identificativos das entidades solicitantes, beneficiarias e participantes, integraranse en ficheiros informáticos para os efectos oportunos, e poderán os interesados exercer os dereitos recoñecidos con carácter xeral na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa de desenvolvemento.

Sexta.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación publicará as contías das subvencións que se outorguen ao amparo desta convocatoria, así como as súas entidades beneficiarias.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Formación e Colocación a ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I

1. División dos contidos asociados ás unidades formativas en que se estruturan os novos certificados de profesionalidade de acordo coa metodoloxía facilitada polo Instituto Galego das Cualificacións. Esta acción abranguerá o total dos certificados de profesionalidade publicados no BOE desde o 1 de novembro de 2008 ata o 31 de outubro de 2009.

2. Avaliación, valoración e difusión das accións de apoio e acompañamento á formación desenvolvidas na convocatoria 2008-2009 e seguimento e control da calidade das que se realicen a través desta orde.

3. Elaboración dunha correlación entre a formación profesional (formación para o emprego e formación regrada) e as ocupacións SISPE (a oito díxitos) relacionadas coas familias profesionais do Catálogo nacional das cualificacións profesionais de agraria e marítimo-pesqueira. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

4. Elaboración dunha correlación entre a formación profesional (formación para o emprego e formación regrada) e as ocupacións SISPE (a oito díxitos) relacionadas coas familias profesionais do Catálogo nacional das cualificacións profesionais de sanidade, química e seguridade e ambiente. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

5. Elaboración dunha correlación entre a formación profesional (formación para o emprego e formación regrada) e as ocupacións SISPE (a oito díxitos) relacionadas coas familias profesionais do Catálogo nacional das cualificacións profesionais de hostalaría e turismo, servizos socioculturais e á comunidade e imaxe persoal. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

6. Aplicación da experiencia do proxecto DETECTA ás necesidades formativas dos traballadores/as das pemes galegas.

7. Aplicación de xestión do catálogo de expertos docentes para a impartición de formación para o emprego nos centros de formación dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

8. Aplicación para levar o rexistro de documentos da Subdirección Xeral de Formación para o Emprego.

9. Aplicación de xestión da calidade dos centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

10. Aplicación para a unificación do sistema de impresión de diplomas da formación para o emprego

11. Aplicación para a unificación do sistema de seguimento dos cursos de formación para o emprego.

12. Aplicación para rexistrar as solicitudes das accións de apoio e de acompañamento á formación e os entregables destas.

13. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de agricultura ecolóxica (Real decreto 1965/2008), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

14. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de xardinaría e restauración da paisaxe (Real decreto 1375/2008), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

15. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de aproveitamentos forestais (Real decreto 1211/2009), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

16. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas (Real decreto1967/2008), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

17. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de organización e proxectos de instalacións solares fotovoltaicas (Real decreto 1215/2009), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

18. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de recepción en aloxamentos (Real decreto 1376/2008), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

19. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de servizos de bar e cafetaría (Real decreto 1256/2009) nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

20. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de operacións básicas de pisos e aloxamentos (Real decreto 1376/2008), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

21. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de mecanizado de madeira e derivados (Real decreto 1968/2008), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

22. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubería industrial (Real decreto 1216/2009), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada.

23. Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de operacións auxiliares de mantemento e transporte interno na industria alimentaria (Real decreto 1380/2009), nas modalidades de formación presencial e teleformación. O proxecto incluirá o desenvolvemento da metodoloxía utilizada

24. Elaboración ou experimentación de produtos, técnicas e/ou ferramentas para mellorar os sistemas organizativos e de xestión da formación para o emprego.

25. Formación en eficacia enerxética de edificios: solucións prácticas para a optimización e racionalización sustentable no parque de vivendas anteriores á normativa de aplicación do código de edificabilidade.

26. Retos ante a integración dos sistemas de formación para o emprego.

27. Catalogación e distribución de materiais didácticos ligados aos certificados de profesionalidade.

28. A implantación do teletraballo: ferramentas para a súa posta en marcha nas pemes galegas.

29. O desenvolvemento de ferramentas para a mellora da xestión documental empresarial.

30. A elaboración dunha Guía de boas prácticas de formación na empresa: formación de acollida.

31. O desenvolvemento dunha ferramenta para a xestión dun cadro de mandos para o seguimento dos resultados e indicadores da formación.

Ver referencia pdf "22500D003P029.PDF"