DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 13 de novembro de 2009 Páx. 17.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 2 de novembro de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación de xustificación establecido na Orde do 4 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia e se convocan para o exercicio 2009.

O 13 de agosto publicouse no DOG nº 158 a citada Orde do 4 de agosto de 2009.

O artigo 21 da mencionada orde establece o prazo de xustificación da subvención, dispoñendo como data límite para a presentación o 30 de outubro de 2009.

Non obstante, por causas sobrevidas o prazo establecido resulta de difícil cumprimento, polo que co fin da garantir a maior eficacia posible da convocatoria das referidas subvencións, é procedente ampliar o devandito prazo para a súa xustificación .

De acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ampliación do prazo de xustificación.

Amplíase ata o día 30 de novembro de 2009 o límite do prazo de presentación da documentación xustificativa previsto no artigo 21 da Orde do 4 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia e se convocan para o exercicio 2009.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar