DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 13 de novembro de 2009 Páx. 17.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, pola que se publican as subvencións concedidas ao amparo da Orde do 1 de abril de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais.

O artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

Resolvo:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 47.04.432B.781.0.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2009.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

Ver referencia pdf "22300D005P015.PDF"