DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 13 de novembro de 2009 Páx. 17.575

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de beneficiarios ao abeiro da Orde do 12 de marzo de 2009 pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a federacións deportivas galegas para promover competicións deportivas das diferentes seleccións absolutas no ano 2009.

De conformidade co disposto na Orde do 12 de marzo do 2009, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se regula o réxime de concesión de subvencións ás federacións deportivas galegas para promover competicións deportivas das diferentes seleccións absolutas no ano 2009 (DOG nº 57, do 24 de marzo), recibidas as solicitudes nos correspondentes servizos provinciais de Deportes, e rematada a fase de revisión da documentación presentada e de comprobación do grao de cumprimento dos requisitos establecidos na devandita orde, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar a lista definitiva de beneficiarios. Tal relación recóllese no anexo.

Segundo.-A finalidade das subvencións é axudar as federacións deportivas galegas para promover a organización e a participación das distintas seleccións galegas en diferentes eventos deportivos oficiais ou amigables.

Terceiro.-As subvencións concedidas faranse sobre a aplicación orzamentaria 40.60.441A.481.0 e sobre un crédito total inicial de 225.000 €.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2009.

José Ramón Lete Lasa

Secretario xeral para o Deporte

Ver referencia pdf "22300D003P007.PDF"