DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 12 de novembro de 2009 Páx. 17.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2009, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente.

O artigo 295 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, establece que corresponde ao órgano de contratación nomear os membros da mesa de contratación.

O artigo 21.4º do Real decreto 917/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público, establece que a designación dos membros da mesa de contratación poderá facerse con carácter permanente ou de manera específica para a adxudicación de cada contrato. Se é permanente, a súa composición deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Polo anteriormente exposto e, en virtude das competencias delegadas no artigo 5 da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 119, do 19 de xuño).

ACORDO:

A constitución con carácter permanente da mesa de contratación do Complexo Hospitalario de Pontevedra, coas funcións que lles asignan á Ley 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, así como ao artigo 22 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, de desenvolvemento parcial da dita lei.

Primeiro.-Composición da mesa de contratación.

A mesa de contratación terá a seguinte composición:

Presidencia: será exercida pola persoa titular da Dirección de RR.EE. e SS.XX., que poderá ser sustituída nos casos de vacante, ausencia u enfermidade polo titular da Dirección Asistencial.

Vocais:

1. Un representante da Intervención Territorial da Consellería de Facenda, que poderá ser substituído no caso de vacante, ausencia ou enfermidade por outro interventor/a designado pola Intervención Territorial Delegada.

2. Un representante da Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde, que poderá ser substituído no caso de vacante, ausencia ou enfermidade por outro letrado/a que designe a Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde.

3. O titular da subdirección de RR.EE y SS.XX., que poderá ser substituído no caso de vacante, ausencia ou enfermidade, polo xefe de Servizo de Subministracións.

4. Personal proposto polo Servizo Promotor do Expediente.

5. Un representante do Servizo de Contratación Administrativa.

Secretaría: o responsable do Servizo de Contratación, que actuará con voz pero sen voto. Poderá ser substituído no caso de vacante, ausencia u enfermidade por outro representante do dito servizo designado por quen exerza a presidencia.

Cando a natureza dos asuntos o requira a presidencia poderá solicitar a incorporación á mesa de contratación de cantos asesores especializados e persoal técnico crea convenientes en razón dos seus especiais coñecementos técnicos e poderá tamén solicitar cantos informes considere necesarios. Os asesores e persoal técnico actuarán con voz pero sen voto, sen que teñan a consideración de membros da mesa nin os seus informes vinculen a esta.

Segundo.-Normas de funcionamiento da mesa de contratación.

A mesa de contratación reunirase, despois da convocatoria de quen exerza a presidencia, coa periodicidade que requiran os diferentes expedientes de contratación. Para a validez da súa constitución deberán estar presentes a maioría absoluta do seus membros entre os que teñen que estar, necesariamente a representación da Asesoría Xurídica e o representante da Intervención Territorial Delegada. Os seus acordos adoptaranse por maioría de votos.

Supletoriamente o seu funcionamento rexerase polo establecido para os órganos colexiados no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-Publicación e data de efectos.

A mesa de contratación será competente naqueles expedientes en que a orde de inicio teña lugar nesta ou posterior data á da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 16 de outubro de 2009.

José Manuel González Álvarez

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra