DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 12 de novembro de 2009 Páx. 17.536

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2009 pola que se convoca un curso sobre técnicas de defensa persoal e de detención.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a convocatoria dun curso sobre técnicas de defensa persoal e de detención, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: técnicas de defensa persoal e de detención.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

-Contribuír a actualizar e mellorar a formación profesional na área técnica dos membros da policía local das entidades locais da provincia, para que sexan capaces de abordar dun xeito óptimo a intervención policial.

-Ampliar os coñecementos dos asistentes sobre as últimas técnicas de intervención e actuación ante as distintas situacións problemáticas que se poden producir no traballo e na operativa policial.

-Dotar os participantes dunha formación práctica no campo tanto da defensa persoal policial coma de detención e asegurar o correcto uso da forza por parte dos membros da policía local e dos corpos de seguridade en xeral.

-Tentar dotar os policías locais dun maior nivel de coñecementos, habilidades e destrezas axeitados ao perfil que a sociedade actual require e demanda dos corpos de seguridade.

-Coñecer e dominar as técnicas básicas de defensa persoal policial, que permitan aos policías locais manter un alto nivel de seguridade e autoconfianza nas súas intervencións.

Contido.

1. Defensa persoal policial: prácticas básicas.

2. Técnicas de agrilloamento.

3. Protección de autoridades. Técnicas básicas.

4. Prácticas de detención.

5. Prácticas de detencións. Conducións.

6. Prácticas de técnicas operativas de defensa persoal policial.

7. Prácticas de loita aplicada á defensa persoal policial.

8. A utilización da forza polos membros das forzas e corpos de seguridade.

9. Novas técnicas aplicables á defensa persoal policial.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Persoal ao servizo das entidades locais de Ourense pertencentes ao corpo de policía local e de xeito complementario, aos membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Prazas ofertadas.

20 prazas.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 2 de decembro de 2009.

O persoal que desexe participar nesta actividade cubrirá a solicitude de participación que se encontra na páxina web da Agasp http://Agasp.xunta.es, na alínea «Actividades formativas», «cursos con inscrición aberta», e remitirana telematicamente.

Esta mesma solicitude, unha vez remitida a través da web, deberán imprimila, asinala o/a solicitante e obter tamén a sinatura da autoridade do concello da que dependa, enviándoa á Deputación Provincial de Ourense-Departamento de Formación Continua (fax: 988 38 52 15), rúa Progreso nº 30, 32003 Ourense, ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 4 de decembro de 2009 publicarase tanto a Deputación Provincial de Ourense (Departamento de Formación Continua (teléfono: 988 38 51 42) como a Academia Galega de Seguridade Pública (no sitio web http://Agasp.xunta.es) a listaxe das solicitudes de participación que resultaren seleccionadas.

Obrigas das persoas seleccionadas.

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. Esta renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.Agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Por determinar.

Horario:

Días 11 e 18 de decembro: de 17.00 a 21.00 horas.

Días 12 e 19 de decembro: de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas.

Datas: 11, 12, 18 e 19 de decembro de 2009.

Certificado de asistencia:

Ao remate da actividade entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nela.

5. Baremación da actividade.

Para os efectos do previsto nos anexos II e III da Orde do 28 de xaneiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no DOG do 2 de febreiro, esta actividade terá unha baremación de 0,300 puntos.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG nº 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial de Ourense poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 5 de novembro de 2009.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública