DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 12 de novembro de 2009 Páx. 17.535

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico de Galicia.

Esta consellería resolveu a publicación da 2ª relación de beneficiarios, que se especifican no anexo, das axudas concedidas no ano 2009 ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán axudas destinadas a actividades de fomento para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico de Galicia.

Estas axudas fináncianse con cargo á aplicación orzamentaria 47.03.433A.781.0 dos vixentes orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2009.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

Ver referencia pdf "22200D005P018.PDF"