DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 12 de novembro de 2009 Páx. 17.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de outubro de 2009 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (IN515B).

Advertidos erros na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 209, do 26 de outubro de 2009, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16.634, onde di: «Resolución do 19 de outubro de 2009 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo IN515B)», debe dicir: «Resolución do 21 de outubro de 2009 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo IN515B)».

Na páxina 16.634, onde di: «O conselleiro de Economía e Industria, con data do 19 de outubro de 2009, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización», debe dicir: «O conselleiro de Economía e Industria, con data do 21 de outubro de 2009, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización».