DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 09 de novembro de 2009 Páx. 17.354

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 4 de novembro de 2009 pola que se desenvolve o artigo 95 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, sobre a descrición das distincións dos policías locais de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que os membros dos corpos de policía local de Galicia poden ser distinguidos ou recompensados de acordo co que se determine regulamentariamente.

Consonte con esta previsión, o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve regulamentariamente a citada lei, establece no capítulo III do seu título IV as modalidades e outros aspectos relacionados coas distincións e recompensas, deixando unicamente a súa descrición para un posterior desenvolvemento mediante orde da consellería competente, segundo establece no artigo 95.

Na súa virtude, en uso das facultades outorgadas pola disposición derradeira primeira do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, e logo do informe preceptivo da Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia, na súa sesión do 30 de xullo de 2009, ao abeiro do disposto no artigo 17.1º a) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Apróbanse as descricións técnicas e/ou os diplomas ou certificados documentais, que as acreditan colectiva ou individualmente, das seguintes distincións:

a) Placa colectiva ao mérito da policía local.

b) Placa individual ao mérito da policía local.

c) Medalla ao mérito da policía local.

d) Distintivo de permanencia.

e) Felicitacións públicas.

2. Estas descricións figuran como anexos a esta orde, relacionados da seguinte forma:

Anexo I. Placa colectiva ao mérito da policía local, medalla, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente.

Anexo II. Placa individual ao mérito da policía local, medalla, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente.

Anexo III. Medalla ao mérito da policía local, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente.

Anexo IV. Distintivo de permanencia, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente.

Anexo V. Diploma que acredita a concesión de felicitacións públicas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2009.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

ANEXO I

Placa colectiva ao mérito da policía local, medalla, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente

a) Placa.

A placa estará formada por unha base de madeira de nogueira vernizada en cor escura, cunhas dimensións de 250 mm de altura e 400 mm de largo, na cal vai inserida unha placa de metal coas lendas e motivos que se recollen no debuxo. No reverso contará con dous sistemas de fixación, un para poder suspendela en vertical e o outro para apoiala nunha superficie plana.

Ver referencia pdf "21900D001P006.PDF"

b) Medalla.

Anverso.

Está formada por unha base de metal cun baño de ouro. No centro desta, sobre unha cruz azul con fondo esmaltado en branco, levará o escudo de Galicia policromado. A lenda Policía Local irá na parte inferior. O tamaño da medalla será de 43 mm de alto por 35 mm de largo. O prendedor que a suxeita ao uniforme será de 36 mm de largo e 11 mm de alto; a cinta que colga do pasador, e da que pende a medalla, será de 30 mm de largo e 43 de alto, de cor branca cunha franxa de 4 mm en cor azul a 5 mm de cada bordo da cinta, como aparece no debuxo.

Esta medalla utilizarase naquelas ocasións en que se utilice o uniforme de gala.

Reverso.

Levará gravada na zona central a lenda Placa colectiva ao mérito da policía local; e debaixo Xunta de Galicia.

c) Pasador.

O pasador consiste en dúas barras de metal dourado de 4 mm de largo e 12 mm de alto, separadas entre si por unha cinta de cor branca de 30 mm de largo e 10 mm de alto, atravesada verticalmente por dúas franxas de cor azul de 4 mm de largo, que estarán situadas a 5 mm de cada barra do pasador. No medio deste conxunto figurará o debuxo en miniatura da medalla correspondente.

Este pasador utilizarase na uniformidade ordinaria ou de servizo.

d) A insignia de lapela.

A insignia consiste nunha reprodución en miniatura da medalla correspondente. Levará no reverso un sistema de fixación que facilite poder colocala na lapela da roupa de paisano daquela persoa á cal lle fose concedida esta distinción.

e) O diploma

O diploma é a certificación da concesión da distinción. Realizarase en papel tipo pergameo, en cor branca, de 300 mm de largo por 210 mm de alto, ribeteado en todo o seu contorno por unha franxa gris de 8 mm de largo, a unha distancia de 8 mm do extremo do pergameo. No anverso unha franxa de cor azul clara e de 12 mm de largo ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrado, figurará o escudo de Galicia. O texto literal é o que aparece no debuxo.

Ver referencia pdf "21900D001P006.PDF"

ANEXO II

Placa individual ao mérito da policía local, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente

a) Placa.

A placa estará formada por unha base de madeira de nogueira vernizada en cor escura, cunhas dimensións de 250 mm de altura e 400 mm de largo, na cal vai inserida unha placa de metal coas lendas e motivos que se recollen no debuxo. No reverso contará con dous sistemas de fixación, un para poder suspendela en vertical e o outro para apoiala nunha superficie plana.

Ver referencia pdf "21900D001P006.PDF"

b) Medalla.

Anverso.

Está formada por unha base de metal cun baño de ouro. No centro dela, sobre unha cruz azul esmaltada en fondo gris, levará o escudo de Galicia policromado coa lenda Policía Local na parte inferior. O tamaño da medalla será de 43 mm de alto por 35 mm de largo. O pasador que a suxeita ao uniforme será de 36 mm de largo e 11 mm de alto; a cinta que colga do pasador, e da que pende a medalla, será de 30 mm de largo e 43 de alto, de cor azul cunha franxa de 3 mm en cor branca a ambos os lados.

Esta medalla utilizarase naquelas ocasións en que se utilice o uniforme de gala.

Reverso.

Levará gravada na zona central a lenda Placa individual ao mérito da policía local; e debaixo Xunta de Galicia.

c) Pasasor.

O pasador consiste en dúas barras de metal dourado de 4 mm de largo e 12 mm de alto, separadas entre si por unha cinta de cor azul de 30 mm de largo e 10 mm de alto, atravesada verticalmente por dúas franxas de cor branca de 4 mm de largo, que estarán situadas a 5 mm de cada barra do pasador. No medio deste conxunto figurará o debuxo en miniatura da medalla correspondente.

Este pasador utilizarase na uniformidade ordinaria ou de servizo.

d) A insignia de lapela.

A insignia consiste nunha reprodución en miniatura da medalla correspondente. Levará no reverso un sistema de fixación que facilite poder colocala na lapela da roupa de paisano daquela persoa á cal lle fose concedida esta distinción.

Ver referencia pdf "21900D001P006.PDF"

e) O diploma.

O diploma é a certificación da concesión da distinción. Realizarase en papel tipo pergameo, en cor branca, de 300 mm de largo por 210 mm de alto, ribeteado en todo o seu contorno por unha franxa gris de 8 mm de largo, a unha distancia de 8 mm do extremo do pergameo. No anverso unha franxa de cor azul clara e de 12 mm de largo ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrado, figurará o escudo de Galicia. O texto literal é o que aparece no debuxo.

Ver referencia pdf "21900D001P006.PDF"

ANEXO III

Medalla ao mérito da policía local, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente

a) Medalla.

Anverso.

Está formada por unha base de metal cun baño de prata con formato de placa policial. No centro desta, en fondo azul claro, levará o escudo de Galicia policromado, e debaixo a lenda Policía Local. O tamaño da medalla será de 43 mm de alto por 35 mm de largo. O pasador que a suxeita ao uniforme será de 36 mm de largo e 11 mm de alto; a cinta que colga do pasador, e da que pende a medalla, será de 30 mm de largo e 43 de alto, de cor azul clara cunha franxa de 3 mm en cor amarela a ambos os lados.

Esta medalla utilizarase naquelas ocasións en que se utilice o uniforme de gala.

Reverso.

Levará gravada na zona central a lenda Medalla ao mérito da policía local; e debaixo Xunta de Galicia.

b) Pasasor.

O pasador consiste en dúas barras de metal prateado de 4 mm de largo e 12 mm de alto, separadas entre si por unha cinta de cor azul clara de 30 mm de largo e 10 mm de alto, atravesada verticalmente por dúas franxas de cor amarela de 4 mm de largo, que estarán situadas a 5 mm de cada barra do pasador. No medio deste conxunto figurará o debuxo en miniatura da medalla correspondente.

Este pasador utilizarase na uniformidade ordinaria ou de servizo.

c) A insignia de lapela.

A insignia consiste nunha reprodución en miniatura da medalla correspondente. Levará no reverso un sistema de fixación, que facilite poder colocala na lapela da roupa de paisano daquela persoa á cal lle fose concedida esta distinción.

d) O diploma.

O diploma é a certificación da concesión da distinción. Realizarase en papel tipo pergameo, en cor branca, de 300 mm de largo por 210 mm de alto, ribeteado en todo o seu contorno por unha franxa gris de 8 mm de largo, a unha distancia de 8 mm do extremo do pergameo. No anverso unha franxa de cor azul clara e de 12 mm de largo ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrado, figurará o escudo de Galicia. O texto literal é o que aparece no debuxo.

Ver referencia pdf "21900D001P006.PDF"

ANEXO IV

Distintivo de permanencia, pasador, insignia de lapela e diploma correspondente

a) Distintivo de permanencia.

Anverso.

Está formada por unha base de metal cun baño de bronce con formato de placa policial. No centro desta, en fondo marrón escuro, levará o escudo de Galicia policromado, e debaixo a lenda Policía Local. O tamaño da medalla será de 43 mm de alto por 35 mm de largo. O pasador que a suxeita ao uniforme será tamén de metal dourado, de 36 mm de largo e 11 mm de alto; a cinta que colga do pasador, e da que pende a medalla, será de cor marrón escura e de 28 mm de largo e 40 de alto, cunha franxa central e vertical de cor azul de 5 mm e dúas de cor branca a ambos os lados de 2 mm.

Este distintivo utilizarase naquelas ocasións en que se utilice o uniforme de gala.

Reverso.

Levará gravada na zona central a lenda Distintivo de permanencia; e debaixo Xunta de Galicia.

b) Pasasor.

O pasador consiste en dúas barras de metal dourado de 4 mm de largo e 12 mm de alto, separadas entre si por unha cinta de cor verde de 22 mm de largo e 10 mm de alto, atravesada verticalmente por unha franxa de cor azul de 3 mm e dúas de cor branca a ambos os lados de 2 mm, que estarán situadas a 7,5 mm de cada barra do pasador.

Este pasador utilizarase na uniformidade ordinaria ou de servizo.

c) A insignia de lapela.

A insignia consiste nunha reprodución en miniatura do distintivo correspondente. Levará no reverso un sistema de fixación, que facilite poder colocala na lapela da roupa de paisano daquela persoa á cal lle fose concedida esta distinción.

d) O diploma.

O diploma é a certificación da concesión do distintivo. Realizarase en papel tipo pergameo, en cor branca, de 300 mm de largo por 210 mm de alto, ribeteado en todo o seu contorno por unha franxa azul de 10 mm de largo, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergameo. No anverso, unha franxa de cor azul clara e de 12 mm de largo ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrado, figurará o escudo de Galicia. O texto literal é o que aparece no debuxo. Irá selado e asinado polo titular da unidade directiva con competencia na materia.

Ver referencia pdf "21900D002P010.PDF"

ANEXO V

Diploma que acredita a concesión de felicitacións públicas

O diploma é a certificación da concesión desta felicitación. Realizarase en papel tipo pergameo, en cor branca, de 300 mm de largo por 210 mm de alto, ribeteado en todo o seu contorno por unha franxa azul de 10 mm de largo, a unha distancia de 10 mm do extremo do pergameo. No anverso, unha franxa de cor azul clara e de 12 mm de largo ocupará a diagonal interior de esquerda a dereita. Na parte superior, centrado, figurará o escudo de Galicia. O texto literal é o que aparece no debuxo. Irá selado e asinado polo titular da unidade directiva con competencia na materia.

Ver referencia pdf "21900D002P010.PDF"