DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 06 de novembro de 2009 Páx. 17.299

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2009 pola que se lle dá publicidade ao nomeamento do director do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Por resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Turismo, do 10 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 116, do 16 de xuño), foron publicadas as bases para a convocatoria do concurso internacional para a provisión do posto de director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Logo da tramitación do procedemento de selección de conformidade coas mencionadas bases e á vista da proposta do Padroado do CGAC, o conselleiro de Cultura e Turismo nomeou director do Centro Galego de Arte Contemporánea a Miguel Von Hafe Pérez.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2009.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Turismo