DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 06 de novembro de 2009 Páx. 17.299

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de outubro de 2009 pola que se modifica a Orde do 28 de novembro de 2007 pola que se fai pública a composición do Consello Galego de Universidades.

Por Orde do 28 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro) fíxose pública a composición do Consello Galego de Universidades.

O artigo 7 da Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño), regula a composición do Consello Galego de Universidades. No punto 7.1º f) do citado artigo establécese que estará integrado por cinco membros designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria.

No artigo 8 establécese que as vacantes que se produzan entre os membros elixidos polo Parlamento antes da finalización do seu mandato se deberán cubrir polo mesmo procedemento empregado para a súa designación, e que se entenderá nomeado o membro substituto polo período que reste do anterior mandato.

O 18 de setembro de 2009, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria comunícalle á presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia, a renuncia de José Eduardo López Pereira como vogal do Consello Galego de Universidades por pasar a ser membro nato deste por razón do seu cargo como director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

O 26 de outubro de 2009, a presidenta do Parlamento comunica o acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, da elección de María Teresa Cancelo Márquez como vogal do Consello Galego de Universidades.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Modificar o artigo único da Orde do 28 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro) pola que se publica a composición do Consello Galego de Universidades, e nomear a María Teresa Cancelo Márquez en substitución de José Eduardo López Pereira.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria