DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 04 de novembro de 2009 Páx. 17.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 29 de outubro de 2009 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas nas ordes de convocatoria para o ano 2009 reguladoras dos programas para a promoción do emprego autónomo e de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e na empresa ordinaria, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

As ordes da Consellería de Traballo e Benestar polas que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción do emprego autónomo e de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e na empresa ordinaria, establecen nas correspondentes disposicións en que se recollen os créditos que financian as ordes, que estes importes poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro das ordes que se citan nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 10, do 15 de xaneiro), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009:

48.04.322C.470.1, código de proxecto 2003 00 450 polo importe de 425.880 euros.

Artigo 2º

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e na empresa ordinaria, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 12, do 19 de xaneiro), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009:

48.04.322C.470.1, código de proxecto 2002 14 438 polo importe de 11.721 euros.

48.04.322C.470.1, código de proxecto 2003 00 451 polo importe de 3.508 euros.

Artigo 3º

Estas modificacións non afectan o prazo establecido nas referidas ordes para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar