DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 04 de novembro de 2009 Páx. 17.119

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xuño de 2006) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2009, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2009.

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "21600D002P006.PDF"