DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 04 de novembro de 2009 Páx. 17.118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2009 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2009, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións profesionais de artesáns cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego (Diario Oficial de Galicia número 33, do 17 de febreiro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 das bases reguladoras da orde, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Economía e Industria, relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2009, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións profesionais de artesáns cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego (IN201F).

Crédito orzamentario: 125.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 10.05.741-F.781.0.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2009.

(P.D. Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería

de Economía e Industria

Ver referencia pdf "21600D002P006.PDF"