DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 03 de novembro de 2009 Páx. 17.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2009 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2009.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o segundo cuadrimestre do ano 2009, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2009.

Ethel Mª Vázquez Mourelle

Presidenta da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o segundo cuadrimestre do ano 2009:

-Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos e os concellos de Boiro, Porto do Son e Gondomar para a execución de determinadas obras previstas no Plan de actuación para a eliminación de verteduras nas rías galegas.

-Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutras, a empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Pontevedra para a execución de determinadas obras previstas no Plan de actuación para a eliminación de verteduras nas rías galegas.

-Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Valga para a execución da obra: Solución aos problemas de inundacións do concello de Valga. Mellora do río Soutiño. Valga (Pontevedra).