DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 03 de novembro de 2009 Páx. 17.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de outubro de 2009 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 28 de maio de 2009 e se fai pública a concesión de premios de excelencia académica para o alumnado que inicie estudos universitarios no sistema universitario de Galicia no curso académico 2009-2010.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou por Orde do 28 de maio de 2009, DOG do 22 de xuño, premios de excelencia académica para o alumnado que inicie estudos universitarios no sistema universitario de Galicia no curso académico 2009-2010.

De acordo co establecido no artigo 7 das bases da convocatoria, desde o día 7 ao 18 de setembro de 2009 ambos os dous incluídos, expuxéronse as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formular as reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Secretaría Xeral de Universidades.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlle o premio de excelencia académica ao alumnado que figura no anexo I desta orde e na contía que se especifica.

Artigo 2º

Desestimar as solicitudes que se relacionan no anexo II, polas causas que nel se indican.

Artigo 3º

Os beneficiarios deberán cumprir as obrigas establecidas no artigo 12 da orde de convocatoria e a súa concesión queda, así mesmo, condicionada ao cumprimento destas e das demais disposicións especificadas na citada orde.

Artigo 4º

O aboamento dos premios realizarase de acordo co estipulado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e farase nun pagamento único, ingresando a súa contía na conta bancaria indicada polo/a beneficiario/a do premio concedido.

Artigo 5º

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "21500D001P005.PDF"

Ver referencia pdf "21500D002P006.PDF"