DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 02 de novembro de 2009 Páx. 17.020

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de outubro de 2009 pola que se modifica a Orde do 21 de xullo de 2009 pola que se establece a oferta de módulos obrigatorios de programas de cualificación profesional inicial en centros públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 30 que lles corresponde ás administracións educativas organizar programas de cualificación profesional inicial destinados ao alumnado maior de dezaseis anos, cumpridos antes do 31 de decembro do ano de inicio do programa, que non obtivese o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, co obxectivo de que alcance competencias profesionais propias dunha cualificación de nivel 1 da estrutura actual do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, así como para que ese alumnado teña a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria e de que amplíe as súas competencias básicas para proseguir estudos nas diferentes ensinanzas.

Nesta liña, a Orde do 21 de xullo de 2009 establece a oferta de módulos obrigatorios de programas de cualificación profesional inicial en centros públicos de Galicia e prevé que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determine anualmente a oferta de programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo coas competencias que ten conferidas, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único.-Modificar parcialmente a Orde do 21 de xullo de 2009 pola que se establece a oferta formativa dos módulos obrigatorios correspondentes ao primeiro curso dos programas de cualificación profesional inicial para o curso 2009-2010, aumentando a oferta nos centros e modalidades que se relacionan no anexo I, e deixando de implantarse os que figuran no anexo II.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos para tomaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "21400D006P017.PDF"