DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 02 de novembro de 2009 Páx. 17.019

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de outubro de 2009 pola que se modifica a Orde do 16 de xuño de 2009 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, en modalidade presencial, de ciclos formativos de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2009-2010.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 39.2º que a formación profesional no sistema educativo ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que se poden producir ao longo da súa vida.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificación e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas de formación profesional ás peculiaridades e características das persoas adultas.

Neste contexto, a necesidade de manter en todo momento actualizada a oferta educativa dos centros xustifica a súa revisión periódica, de xeito que as persoas adultas posúan unha oferta, de xeito parcial por módulos, consciente de que esta modalidade facilita a cualificación profesional diversificada e adaptada ás súas necesidades e ás do mercado laboral.

De acordo coas competencias que ten conferidas, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1º.-Modificar parcialmente a autorización da oferta educativa publicada na Orde do 16 de xuño de 2009 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, en modalidade presencial, de ciclos formativos en formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2009-2010, autorizando a implantación dos módulos nos ciclos formativos e centros educativos relacionado no anexo, que serán cofinanciados polo Fondo Social Europeo nun 80 % para gastos de funcionamento e de profesorado.

Artigo 2º.-Exixir un mínimo de oito solicitudes de matrícula admitidas por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de seis solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos módulos formativos de grao medio ou superior. Un número menor de solicitudes precisa a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento este ensino e, mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar ningunha matrícula. A condición do número mínimo de alumnado débeselles comunicar ás persoas interesadas no momento da súa preinscrición.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a Secretaría Xeral para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "21400D005P016.PDF"