DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 02 de novembro de 2009 Páx. 17.010

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2009 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial (liña INCEN), fomento da cooperación empresarial e da calidade (liña COOP) e desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais (liña MECCA), en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria (IN219A).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 21º das bases reguladoras da orde, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Economía e Industria, relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial (liña INCEN), fomento da cooperación empresarial e da calidade (liña COOP) e desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais (liña MECCA), en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria (IN219A).

Crédito orzamentario: 6.994.187,80 euros.

Aplicación orzamentaria: 10.05.751A.781.1.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2009.

(P.D. Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "21400D002P006.PDF"