DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 02 de novembro de 2009 Páx. 17.010

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 20 de outubro de 2009 pola que se modifica o artigo 16 do anexo I da Orde do 2 de xullo de 2009 (Diario Oficial de Galicia do 9 de xullo) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Pola Orde do 2 de xullo de 2009 aprobáronse as bases que rexen as convocatorias de subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

No artigo 16 do anexo I da devandita orde establécese que, para poder cobrar a totalidade da subvención, o beneficiario debera presentar nos lugares sinalados no artigo 3 da convocatoria, e na data límite do 15 de novembro de 2009, un exemplar da documentación que se indica. Indica, así mesmo, que en ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior ao 30 de novembro de 2009.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas subvencións, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de viabilizar o proceso de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o referido artigo 16 do anexo I da orde de convocatoria,

DISPOÑO:

A modificación parcial do artigo 16 do anexo I da Orde do 2 de xullo de 2009 pola que se aproban as bases que rexen a convocatoria subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009, que queda redactado do seguinte xeito nos parágrafos afectados:

16.1. Para cobrar a totalidade da subvención concedida, o beneficiario debera presentar nos lugares sinalados no artigo 3 desta convocatoria, e na data límite do 15 de decembro de 2009, un exemplar da seguinte documentación (.../...).

16.1.c. Xustificación do pagamento: transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento. En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior ao 15 de decembro de 2009.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2009.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria