DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 30 de outubro de 2009 Páx. 16.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto Enexético de Galicia (Inega) o día 3 de xullo de 2009.

A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional da enerxía repercutiu de forma importante no enfoque das administracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética ou enerxías renovables se están a desenvolver na actualidade.

A Lei de creación do Instituto Enerxético de Galicia, Lei 3/1999, do 11 de marzo, contén unha referencia expresa ao fomento destas actividades, concretada a través do impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, á mellora do aforro e a eficiencia enerxética, ao fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, á óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia. Igualmente recolle a participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

Para o desenvolvemento dos obxectivos anteriores, o Instituto Enerxético de Galicia establece este sistema de subvencións complementario aos creados por outras entidades públicas para proxectos que fomenten o aforro e eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

En consonancia con todo isto, o Consello de Ministros do día 20 de xullo de 2007 aprobou un Plan de acción para o período 2008-2012, para o desenvolvemento da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España 2004-2012 (PAE4+), cumprindo así cos compromisos internacionais na materia.

Os obxectivos do PAE4+ están imbricados na Estratexia española de cambio climático e enerxía limpa, aprobada polo Consello de Ministros do 2 do novembro de 2007, na cal as comunidades autónomas comparten as responsabilidades e os instrumentos coa Administración xeral do Estado, especialmente no que se refire á redución e mitigación dos impactos de gases de efecto invernadoiro, en que o uso da enerxía é un dos seus principais emisores.

Para o exercicio 2009 do Plan de acción conta cun orzamento específico de 252,14 millóns de euros, que se desenvolverá a través da correspondente distribución territorial, resultante da dotación consignada o favor do IDAE nos orzamentos xerais do Estado e dos recursos establecidos na Orde ITC/3801/2008, do 26 de decembro, pola que se revisan as tarifas eléctricas a partir do 1 de xaneiro de 2009 e na Orde ITC/3802/2008, do 26 de decembro, pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas, a tarifa de último recurso e determinados aspectos relativos ás actividades reguladas do sector gasista.

Para o desenvolvemento dos referidos plans, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o IDAE deseñaron mecanismos de colaboración con todas as comunidades autónomas, que faciliten a articulación das medidas en todo o territorio estatal, tendo en consideración, ademais, as necesidades e obxectivos de cada comunidade tendo en conta as súas propias peculiaridades, e ao seu ámbito competencial.

Para tal efecto, o IDAE facilitaralles ás comunidades autónomas os fondos necesarios para financiar as actuacións a levar a cabo, no marco dos devanditos plans, no ámbito de cada comunidade.

A Comisión Consultiva de directores xerais, que tivo lugar o día 9 de decembro de 2008, informou ás diferentes comunidades autónomas dos recursos económicos dispoñibles para o exercicio 2009.

Esta distribución, para o caso de Galicia, e segundo establecen os convenios de colaboración asinados entre o IDAE e o Instituto Enerxético de Galicia os días 2 e 3 de xullo de 2008, concrétase nas seguintes contías: 16.463.130 euros para medidas ou actuacións de aforro e eficiencia enerxéticas e, á sinalada contía hai que engadir a consignada nos orzamento do propio Instituto Enerxético de Galicia, que, para o ano 2009, conta cunha partida de 3.397.020 euros.

Como un dos órganos encargado de desenvolver a política enerxética da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia considera de máximo interese potenciar as actuacións de mellora do aforro e a eficiencia enerxética, as enerxías renovables e a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores en Galicia.

Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de aforro e eficiencia enerxética en Galicia, que se inclúen nos anexos desta resolución.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas subvencións para o ano 2009.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao Regulamento (CE) 1998/2006 relativo ás axudas de minimis (DOUE 28-12-2006), ao Regulamento (CE) 875/2007, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE 25 de xullo) e ao Regulamento (CE) 1535/2007, do 20 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE 21 de decembro). Do mesmo xeito, as bases reguladoras están suxeitas ao disposto no Regulamento (CE) 1083/2006, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión (DOUE 31 de xullo), e ao Regulamento (CE) 1080/2006, do 5 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE 31 de xullo), así como aos regulamentos comunitarios en

materia de información e publicidade.

4. Consideraranse actuacións subvencionables as incluídas en cada un dos anexos que acompañan a esta resolución e que fosen realizadas entre o día 1 de xaneiro de 2009 e o día 15 de setembro de 2010.

5. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta resolución as actuacións seguintes:

a) Os premios que se outorguen sen solicitude previa do beneficiario.

b) As subvencións previstas na lexislación de réxime electoral e na lexislación de financiamento dos partidos políticos, as subvencións aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia e as achegas percibidas polos grupos políticos das entidades locais, que se rexerán pola súa normativa específica.

Artigo 2º.-Financiamento.

As subvencións imputaranse ás seguintes aplicacións orzamentarias:

1. A establecida no convenio asinado entre o IDAE e o Instituto Enerxético de Galicia, de acordo coa dotación consignada nos orzamentos xerais do Estado (E4+) e dos recursos establecidos na Orde ITC/3801/2008, do 26 de decembro, pola que se revisan as tarifas eléctricas a partir do 1 de xaneiro de 2009 e na Orde ITC/3802/2008, do 26 de decembro, pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas, a tarifa de último recurso e determinados aspectos relativos ás actividades reguladas do sector gasista

2. As cantidades consignadas nos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) , con cargo á conta contable 6565009.

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, en especial, os indicados en cada un dos anexos a que se refire o artigo un destas bases reguladoras, os seguintes:

a) Persoas físicas maiores de idade e que teñan plena capacidade de obrar.

b) Persoas xurídicas legalmente constituídas.

c) Agrupación de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade. Nestes casos, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos, así como o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios.

Ademais, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.

Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

Artigo 4º.-Solicitudes e documentación.

1. A solicitude de subvención será presentada segundo os modelos normalizados dos documentos anexos II e III a estas bases reguladoras. Non serán admitidas a trámite aquelas solicitudes en que non figuren cubertos os campos obrigatorios, sen prexuízo do disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Á solicitude xuntaráselle a da documentación que se relaciona no artigo seguinte.

2. Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a través do enderezo http://www.inega.es. Tamén pode accederse desde o enderezo http://www.xunta.es/axudasinega2009 da Xunta de Galicia, facendo uso do enlace dispoñible co procedemento correspondente ao código que figura na propia solicitude. Estes modelos valerán tanto para presentación en papel, una vez impresos, como para a presentación electrónica, que se describe máis adiante.

3. Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

4. Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polos solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao Instituto Enerxético de Galicia, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Os anexos II e III desta convocatoria publícanse no Diario Oficial de Galicia (DOG) exclusivamente para efectos informativos, e será necesario empregar a aplicación informática indicada para a obtención dos formularios de solicitude.

5. Coa solicitude, xuntarase a documentación correspondente. No caso da presentación telemática, poderanse anexar á solicitude os documentos que sexa necesario xuntar. O Instituto Enerxético de Galicia poderá, en calquera momento do procedemento, requirir aclaracións sobre os documentos presentados telematicamente.

Artigo 5º.-Documentación que hai que presentar.

A documentación que hai que presentar será de dous tipos: a xenérica, igual para todas as solicitudes, independentemente do procedemento a que se refira; e a técnica, propia de cada procedemento que figura nos seus anexos. Dentro da documentación xenérica, unha será igual para todos os solicitantes, e outra en función do tipo de beneficiario:

A) Documentación xenérica, que deben achegar todos os solicitantes:

1. Modelo de solicitude (anexo II ADM 00). Marcarase expresamente o procedemento correspondente ao concepto solicitado.

2. Datos xerais do proxecto (anexo II ADM 01).

3. Declaración responsable de non estar incluído nas circunstancias establecidas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo II ADM 02).

4. A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda; no caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude. Non obstante o anterior, están exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social os beneficiarios das subvencións establecidos no artigo 48 da Lei 16/2008, do 23 de decembrom de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2009.

5. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

6. Anexos técnicos en función do procedemento e concepto solicitado.

B) Documentación que deben presentar en función do tipo de beneficiario:

1. Empresas:

-Nota simple informativa referida ao ano 2009, expedida polo rexistro mercantil correspondente.

-Documentación acreditativa do enderezo social e centro de traballo en Galicia.

-Documento público acreditativo do poder con que actúa o seu representante.

-Para a categoría de microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) hai que indicar o número de empregados, volume de negocios anual e o balance xeral anual, co fin de fixar o importe da axuda, segundo a porcentaxe dos custos subvencionables, establecida nas directrices comunitarias sobre axudas estatais en favor do ambiente (2001/C 37/03).

2. Autónomos:

-Copia do último resumo anual do imposto sobre o valor engadido (IVE) ou, de ser o caso, copia da declaración do IRPF por módulos.

-Copia do último recibo do imposto sobre actividades económicas (IAE) ou alta no imposto en caso de estar exento do pagamento.

3. Se o solicitante é unha Administración pública:

-Documentación acreditativa da representación con que actúa.

-Certificación do acordo do órgano competente para solicitar a subvención, no que conste o compromiso de realizar a actividade pola que se pide a subvención, no caso de obtela.

-Certificación expedida pola Secretaría-Intervención declarando que a actividade non está exenta do pagamento do IVE e que polo tanto non repercute este imposto.

4. No caso de fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro:

-Acreditación da representación con que se actúa.

5. Agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica:

-Acreditación da representación con que se actúa.

-Documentación acreditativa da súa constitución.

-Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios (anexo ADM 04).

-Documentación acreditativa da condición de exención do IVE, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

6. Particulares:

Declaración expresa de que o obxecto da subvención non se dedica, nin se adscribe a unha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).

Artigo 6º.-Presentación das solicitudes. Lugar e prazo.

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2009, ambos inclusive.

2. As solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, mediante sinatura electrónica do solicitante ou do representante legal da entidade que solicite a axuda, téndose que cumprir os requisitos que regulamentariamente son necesarios para a presentación electrónica.

3. Ademais da presentación electrónica, as solicitudes tamén poderán presentarse en formato papel no Rexistro Único do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo 5, San Lázaro, Santiago de Compostela. Tamén poderán presentarse ante calquera outro órgano da Xunta de Galicia, da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).

Artigo 7º.-Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas.

1. Estas axudas son compatibles con calquera outra liña de subvencións que poida ser de aplicación aos solicitantes, coa limitación do importe delas que a lexislación fixe para cada caso.

2. O importe das subvencións reguladas nestas bases en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións, supere o custo da actividade subvencionable.

3. O importe da subvención neta equivalente ás empresas, en concorrencia con axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, non poderá superar o máximo de intensidade autonómica do 40% sobre o investimento subvencionable establecido para cada actividade nesta resolución. No caso de axudas a pequenas e medianas empresas, engadirase un 10 % adicional ao devandito límite.

4. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Enerxético de Galicia tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do investimento realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

5. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 16 destas bases reguladoras.

6. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (CE) 1998/2006 relativo ás axudas de minimis (DOUE 28 de decembro), deberase garantir, no caso de axudas a empresas, que no caso de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector transporte por estrada este límite fíxase en 100.000 euros. A axuda total de minimis concedida a unha empresa durante calquera período de tres exercicios fiscais redúcese a 30.000 euros para as empresas do sector pesqueiro, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 875/2007, do 24 de xullo (DOUE 25 de xullo) e a 7.500 euros para as empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 1535/2007, do 20 de decembro (DOUE 21 de decembro).

Artigo 8º.-Gastos non subvencionables.

1. Non serán subvencionables:

Ademais dos conceptos non subvencionables indicados en cada un dos procedementos que figuran nos anexos, como regra xeral non son obxecto de axuda:

a) Os gastos que se realicen en pagamentos de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.

b) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

2. Poderase considerar subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) nos seguintes casos:

a) Cando o solicitante da axuda sexa unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro e acredite mediante a correspondente certificación que se atopa acollido ao réxime de exención do IVE.

b) Cando o solicitante da axuda o faga na súa condición de persoa física e efectúe unha declaración responsable de que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).

Artigo 9º.-Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos, todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, o Inega publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

A devandita autorización esténdese á cesión dos seus datos persoais ao IDAE, á entidade financeira na que se aboe o pagamento das axudas, ao Diario Oficial de Galicia e ás demais cesións previstas na lei.

O solicitante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo do Instituto Enerxético de Galicia sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15703, Santiago de Compostela (A Coruña).

Artigo 10º.-Órganos competentes.

O Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, e corresponde ao director do Instituto Enerxético de Galicia ditar a resolución de concesión.

Artigo 11º.-Instrución dos procedementos.

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos ou non se xunta a correspondente documentación exixida nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 5º resulta que o solicitante non se atopa ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, na que se indicarán as causas desta.

Artigo 12º.-Comisión de valoración.

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) Director do Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Inega.

b) Xefa da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do Inega.

c) Un técnico da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do Inega.

3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidos ben co crédito que quede libre, no caso de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas subvencións. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 13º.-Criterios de valoración.

Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables.

Ademais do cumprimento das bases reguladoras, dentro de cada sector, a valoración dos proxectos terá en conta os criterios que se recollen a continuación para cada tipo de axuda:

1. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética:

-Aforro e eficiencia enerxética: 50% (no caso dos estudos e auditorías, neste punto valorarase a solvencia técnica, a experiencia e o equipo da empresa auditora).

-Mellora ambiental adicional á obtida por motivos enerxéticos (avaliarase a redución de emisións, de residuos ou de materias primas adicionais ás derivadas de aforro enerxético): 15%.

-Existencia dunha auditoría enerxética ou informes específicos enerxéticos que describan a situación de partida e a valoración da mellora que a execución do proxecto produce sobre o aforro enerxético. Deberán estar subscritos por un técnico ou unha empresa consultora con recoñecida experiencia na materia: 15%.

-Relación aforro/investimento: 20%.

Nos proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE), renovación de instalacións de semáforos (SEM), proxectos de mellora de instalacións de potabilización, abastecemento, e depuración (PAD) e auditorías enerxéticas en iluminación pública exterior (AEP), só caberá que o peticionario presente unha solicitude por liña de axuda que non poderá superar a contía de 250.000 € en concepto de custo elixible.

Artigo 14º.-Resolución e notificación.

1. A comisión de valoración estudará as solicitudes e elaborará unha relación delas coa puntuación que lle corresponde a cada unha, en aplicación dos criterios de valoración, coa súa correspondente ponderación, establecidos no artigo 13º.

2. A proposta de resolución provisional das solicitudes puntuadas, referidas aos sectores e conceptos indicados na táboa do artigo 2º, publicarase no Diario Oficial de Galicia, no prazo máximo de catro meses, desde a data de finalización do período de presentación das solicitudes.

3. Os interesados poderán formular alegacións no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG da devandita proposta de resolución provisional.

4. Unha vez analizadas as ditas alegacións, a comisión de valoración confeccionará a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes presentadas e elevará a proposta de resolución ao director do Instituto Enerxético de Galicia, na que se reflectirá a contía da axuda concedida a cada solicitude en relación coa puntuación definitiva de que fose acredora.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de seis meses contados desde a data de finalización do período de presentación das solicitudes. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións estimatorias serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, no caso das subvencións concedidas poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada.

Artigo 15º.-Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro desta resolución non porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso de alzada ante o presidente do Consello de Administración do Inega, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

b) Contra a resolución do recurso de alzada poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 16º.-Modificación da resolución.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda ou subvención.

O beneficiario deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao director do Instituto Enerxético de Galicia acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de 20 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo director do Instituto Enerxético de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente no cal se lles dará audiencia aos interesados .

Artigo 17º.-Aceptación ou renuncia.

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, para os únicos efectos da optimización da xestión dos fondos dispoñibles, o beneficiario da axuda deberá comunicar a súa aceptación no modelo que se facilitará para o efecto xunto coa notificación da resolución definitiva.

2. Transcorridos dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da notificación da resolución sen que o beneficiario presentase a súa aceptación, entenderase que concorre a renuncia á axuda concedida e procederase nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 18º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o Instituto Enerxético de Galicia o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Instituto Enerxético de Galicia, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao Instituto Enerxético de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Manter o investimento de que se trate por un período mínimo de cinco anos e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) O beneficiario da subvención deberá darlle publicidade ao financiamento polo Inega do investimento que sexa obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Instituto Enerxético de Galicia, a Consellería de Economía e Industria e o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía, así como lendas relativas ao financiamento público nos carteis, placas conmemorativas, materiais impresos, medios electrónicos audiovisuais, ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 19º.-Subcontratacións.

1. Permítese a subcontratación total ou parcial sobre o importe da actividade para que se solicita a subvención.

2. Non se considerará subcontratación nin a adquisición dos equipamentos nin a contratación da súa instalación e montaxe.

3. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 por 100 do importe da subvención e o referido importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

-Que o contrato se celebre por escrito.

-Que a celebración daquel a autorice previamente o Instituto Enerxético de Galicia.

Non se poderá fraccionar un contrato co obxecto de diminuír a contía deste e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no punto anterior.

4. En todo o demais, as subcontratacións que se efectúen rexeranse polo disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20º.-Xustificación da subvención.

Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario deberá presentar a documentación orixinal ou copia compulsada que se relaciona a continuación:

a) De existiren modificacións no proxecto presentado na solicitude de axuda, achegarase un informe técnico ou documento en que se describa a realización do proxecto ou actuación e os datos e incidencias máis significativas na súa execución. No caso de non existiren modificacións, deberase indicar que o proxecto foi executado conforme o indicado na solicitude inicial.

b) Facturas orixinais ou copias compulsadas correspondentes ao investimento e documentación xustificativa do pagamento realizado.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

-Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo por portelo, certificación bancaria) en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

-Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

-Naqueles casos en que os investimentos se fixeran mediante contratos de préstamo ou leasing, a axuda aplicarase á amortización anticipada parcial de préstamo/leasing, diminuíndo o principal pendente.

Para os efectos da súa xustificación, as facturas que se paguen de xeito fraccionado deberán de incluírse no expediente nunha única solicitude de pagamento.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores de contraer o compromiso para a prestación do servizo ou entrega do ben.

Non se exixirá xustificalo se polas especiais características dos gastos non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou no caso en que se celebrase o contrato con anterioridade á solicitude da subvención.

Deberá xustificarse en criterios de eficiencia e economía a elección da oferta finalmente seleccionada cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.

No caso das administracións públicas admitirase como medio de xustificación do investimento a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida.

c) Declaración expresa do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución, destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía (anexo II ADM-05).

d) Certificación bancaria orixinal acreditativa da titularidade e identificación da conta para o pagamento da axuda, na que consten o ordinal bancario, código do banco, código de sucursal e código de conta corrente.

e) Naqueles casos en que así o requira a regulamentación vixente, achegarase boletín da instalación na delegación correspondente. No caso en que non se dispoña del na data en que finalice o prazo para xustificar o investimento, basta con presentar a documentación acreditativa de telo solicitado.

f) Naqueles casos en que así o requira a regulamentación vixente, achegarase o proxecto técnico visado e dirección de obra presentados na delegación correspondente.

g) Fotografía dos equipamentos principais instalados no lugar.

O prazo para a xustificación do investimento remata o día 15 de setembro de 2010.

Artigo 21º.-Pagamento.

1. Os órganos competentes do Instituto Enerxético de Galicia poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, poderase entender que renuncia á subvención.

2. Previamente á proposta de pagamento, os servizos técnicos do Instituto Enerxético de Galicia poderán realizar unha inspección de comprobación material na cal certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da axuda e que tal investimento coincide co previsto na resolución de concesión.

3. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención poderá reducirse proporcionalmente se debido á redución do investimento se superan as porcentaxes máximas de subvención.

4. Poderanse realizar pagamentos anticipados ás corporacións locais que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, segundo o artigo 31.6º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As ditas corporacións locais deberán xustificar o pagamento que dá lugar á subvención de acordo co previsto no artigo 18.4º destas bases reguladoras.

Artigo 22º.-Reintegro das axudas.

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23º.-Réxime sancionador.

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24º.-Fiscalización e control.

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Enerxético de Galicia para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 25º.-Comprobación de subvencións.

1. O órgano concedente comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

A comprobación material definida no parágrafo anterior poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26º.-Publicidade.

1. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

2. Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 27º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, excepto os artigos 78, 79 e a disposición adicional cuarta; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en canto non se opoña ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no resto da normativa que resulte de aplicación.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2009.

Eliseo Diéguez García

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO I

Descrición técnica do programa de axudas públicas no marco da estratexia de aforro e eficiencia enerxética E4 (Plan de acción 2008-2012) e do Inega

1. Sector industria.

1.A. Auditorías enerxéticas a industrias (AEI).

Concepto.

Estudos de optimización enerxética que analicen o proceso produtivo dunha empresa manufactureira e que propoñan medidas de redución do consumo enerxético. O estudo poderá ser integral ou limitado a liñas de produción, procesos produtivos ou sistemas auxiliares de gran consumo enerxético.

Beneficiarios.

Industrias manufactureiras excepto as do sector de transformación da enerxía (refinarías e produción de enerxía eléctrica) con establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Custo elixible.

Inclúense todos os custos externos derivados da realización da auditoría. Os estudos resultantes deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo dunha auditoría enerxética dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Contía máxima da subvención.

75% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de subvención en función do consumo de enerxía final actual da industria.

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Documentación de solicitud.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica AEI.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Copia da auditoría en formato dixital (arquivos pdf).

-Documento Formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es), en formato dixital (arquivo.pdf).

1.B. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en industrias (PEI)

Concepto.

Investimentos encamiñados á redución do consumo de enerxía no sector industrial. O importe mínimo do investimento que se subvencione será de 6.000 euros.

Beneficiarios.

Empresas do sector industrial manufactureiro con establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, excluídas as empresas do sector de transformación da enerxía (refinarías e de produción de enerxía eléctrica, coxeracións).

Custo elixible.

Investimentos en equipamentos, instalacións e sistemas que transformen ou consuman enerxía no proceso produtivo, así como os sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, sempre que se demostre a consecución dun aforro enerxético. Inclúense os proxectos de enxeñaría asociada, obra civil, montaxe e posta en marcha dos equipamentos.

Contía máxima da subvención.

Subvención a fondo perdido cun máximo do 22% do custo elixible do proxecto, cunha contía máxima de axuda de 200.000 euros por proxecto.

Na renovación de equipamentos auxiliares (caldeiras, compresores, motores eléctricos) por outros de alto rendemento, a contía máxima será do 30% do custo elixible.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica PEI.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Memoria técnica do investimento realizado.

2. Sector trasnsporte.

2.A. Estudos xerais de mobilidade urbana sustentable (EPM).

Concepto e custo elixible.

Estudos integrais de mobilidade urbana sustentable, dirixidos a promover actuacións na mobilidade urbana que fagan posible un cambio modal cara á utilización de medios de transporte menos consumidores de enerxía.

O estudo debe realizarse de acordo coa guía práctica PMUS dispoñible en www.inega.es.

Os beneficiarios deberán manifestar o compromiso de levar a cabo as medidas que se propoñan nestes estudos, sempre e cando sexan viables técnica e economicamente, mediante aprobación en pleno municipal.

Beneficiarios.

Concellos.

Contía máxima da subvención.

60% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de licitación en función da poboación do concello ou área metropolitana:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica EPM.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Copia do estudo en formato dixital (arquivos.pdf).

2.B. Estudos de viabilidade de actuacións de mobilidade urbana sustentable (VPM).

Concepto e custo elixible.

Estudos previos á implantación de medidas específicas de mobilidade urbana sustentable, que teñan un impacto importante no aforro enerxético.

Os concellos beneficiarios deberán manifestar o compromiso de levar a cabo as medidas que se propoñan nestes estudos, sempre e cando sexan viables técnica e economicamente, mediante aprobación en pleno municipal. Os temas de estudo que teñan por obxecto actuacións de natureza similar terán que integrarse dentro do mesmo estudo.

Experiencias piloto de medidas relacionadas coa mobilidade urbana: implantación dun sistema de coche compartido, carril-bus, servizo de autobús lanzadeira. Non se inclúen neste caso os investimentos en infraestrutura de obra civil.

Tamén son subvencionables as redes de recarga de uso público para vehículos eléctricos. A rede mínima que debe resultar como consecuencia de cada proxecto é de 10 puntos de recarga superando, en calquera caso, a ratio de un punto de recarga por cada 10.000 habitantes do concello ou conxunto de concellos en que se realice o proxecto. Por punto de recarga entenderase cada enchufe no posto da instalación de recarga.

Beneficiarios.

Concellos.

No caso de redes de recarga tamén poderá ser beneficiario calquera persoa física ou xurídica de natureza pública ou privada, sempre que o proxecto piloto sexa de uso público.

Contía máxima da subvención.

Con carácter xeral, o 60% do custo elixible cun máximo de custo de 100.000 € para os estudos e 200.000 € para as experiencias piloto.

A axuda máxima para a creación de redes de puntos de recarga de vehículos eléctricos será do 40% do investimento, cos seguintes límites de custo elixible: 3.500 € por punto de recarga cuberto, 6.000 € por punto de recarga en vía pública, 25.000 € por punto de substitución de baterías, 15.000 € pola campaña de comunicación asociada á medida e un máximo de 200.000 € para o conxunto de cada proxecto.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica VPM.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Copia do estudo en formato dixital (arquivos .pdf).

2.C. Plans de transporte para empresas (EPT).

Concepto e custo elixible.

-Estudos para a realización dun plan de transporte a unha empresa ou centro de actividade (polígono industrial, centros educativos ou sanitarios, etc.) de máis de 50 traballadores, dirixidos a cambiar o modo maioritario de desprazamento ao posto de traballo en vehículo turismo, con baixa ocupación.

-Estudos previos de viabilidade de proxectos piloto.

-Proxectos piloto, de duración limitada no tempo, para poñer en marcha plans de transporte a empresas ou áreas de actividade de máis de 50 traballadores.

O estudo debe realizarse de acordo coa guía práctica de plans de transporte dispoñible en www.inega.es.

Beneficiarios.

Concellos, outras administracións públicas, empresas e organizacións empresariais.

Contía máxima da subvención.

60% do custo elixible cos seguintes custos máximos de licitación.

-Estudos para a elaboración de plans de transporte a empresas:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

-Estudos previos de viabilidade dos proxectos piloto 25.000 €.

-Proxectos piloto: 150.000 € (non se inclúen os custos de infraestrutura da obra civil).

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica EPT.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Copia do plan en formato dixital (.pdf).

2.D. Xestión de flotas de transporte por estrada (XFT).

Concepto e custo elixible.

-Auditorías enerxéticas a frotas de transporte industrial, de pasaxeiros e de mercadorías.

-Investimentos en sistemas tecnolóxicos e aplicacións orientadas á mellora de eficiencia enerxética (sistemas telemáticos de xestión de frotas, software e hardware de planificación e control de rutas, sistemas de mellora de xestión de combustible e de carga e descarga, ...).

Beneficiarios.

Institucións públicas, empresas públicas ou privadas de transporte de mercadorías ou de servizo discrecional de pasaxeiros, así como concesionarias de servizos de transporte público.

Contía máxima da subvención.

-Para auditorías: 70% do custo elixible cun máximo de axuda de 21.000 € por auditoría.

-Para investimentos: 40% do custo elixible cun máximo de axuda de 21.000 € por empresa ou proxecto.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica XFT.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Memoria técnica do investimento (características do equipamento realmente instalado e aforro enerxético previsto se é distinto do incluído na solicitude).

-No caso das auditorías deberá presentarse copia desta en formato dixital (.pdf).

3. Sector edificación.

3.A. Rehabilitación da envolvente térmica (ENV).

Concepto.

Actuacións que consigan unha redución da demanda de enerxía do edificio mediante melloras da súa envolvente térmica. Por exemplo: mellora do illamento de fachadas e cubertas, instalación de proteccións solares, muros Trombre, muros parietodinámicos, invernadoiros asociados ás fachadas, sistemas de sombreamento, ventilación natural, etc. As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a envolvente térmica que se rehabilite son as que figuran no documento HE1, limitación da demanda enerxética, do Código Técnico da Edificación. Non se subvenciona a substitución das carpintarías exteriores (portas e fiestras) e vidros.

Beneficiarios.

Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas, etc.) e empresas de servizos enerxéticos.

Custo elixible.

Investimentos en medidas tendentes a reducir a demanda de calefacción e refrixeración do edificio, mediante actuacións na súa envolvente térmica. Inclúese a auditoría enerxética previa, a cualificación enerxética e a parte do proxecto técnico asociados a esta medida. Non se subvenciona a substitución das carpintarías exteriores (portas e fiestras) e vidros.

Contía máxima da subvención.

-Con carácter xeral: 22% do custo elixible, cun máximo de 10.000 euros por vivenda e 300.000 euros por edificio de vivendas en bloque e para edificios do sector terciario.

-Nos edificios que xustifiquen que coas medidas subvencionadas acadan unha cualificación enerxética A, a porcentaxe de axuda pode chegar ata o 35% do custo elixible, e cando se obteña unha cualificación enerxética B a contía da axuda pode acadar o 27%.

-A contía máxima de axuda para a realización da auditoría enerxética ou cualificación enerxética previa do edificio asociado á medida é do 75% do custo elixible, sempre que se executen total ou parcialmente as medidas propostas. O custo elixible máximo destes estudos será:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Os metros cadrados da táboa anterior refírense á superficie dos locais climatizados.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica ENV.

-No caso de solicitar axuda para a auditoría ou cualificación enerxética previa deberá entregarse copia en formato papel e dixital do estudo.

-No caso de que coas obras se acade unha cualificación enerxética A ou B deberase entregar o certificado de eficiencia enerxética de proxecto subscrito polo proxectista e as fichas xustificativas ou os arquivos xustificativos da cualificación enerxética segundo a opción de cualificación escollida de acordo co establecido no Real decreto 47/2007.

-Valorarase positivamente a rehabilitación de vivendas de uso habitual, o que debe xustificarse cun certificado de empadroamento.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-No caso de que coas medidas proxectadas se acade unha cualificación enerxética A ou B, para xustificar a porcentaxe adicional de axuda deberá entregarse no momento de xustificar o investimento un certificado da dirección facultativa que xustifique no transcurso das obras se está a manter ou se mellora a cualificación enerxética recollida no proxecto.

3.B. Mellora da eficiencia enerxética de instalacións térmicas nos edificios existentes (TER).

Concepto.

Actuacións de mellora da eficiencia enerxética das instalacións de calefacción, produción de auga quente sanitaria e refrixeración de edificios do sector residencial e terciario que se renoven (será requisito imprescindible que as novas instalacións cumpran o Regulamento de instalacións térmicas dos edificios (RITE) aprobado polo Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo) e que consigan unha redución anual do 20% do consumo de enerxía convencional que deberá xustificarse documentalmente. As actuacións enerxéticas poderán ser, con carácter orientativo e non limitativo, as seguintes:

-Para instalacións que se renoven con potencia total superior a 70 kW: substitución do/s equipamento/s actual/ais de calefacción/refrixeración por caldeira/s de condensación, bomba/s de calor (excepto bombas de calor xeotérmicas) con COP superior a 3,5 ou equipamento/s de refrixeración con EER superior a 3 nas condicións establecidas na norma EN-UNE 14511.

-Para instalacións que se renoven con potencia igual ou inferior a 70 kW sempre que se realizase o investimento con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda: substitución do/s equipamento/s actual/ais de calefacción/refrixeración por caldeira/s de condensación, bomba/s de calor (excepto bombas de calor xeotérmicas) con COP superior a 3,5 ou equipamento/s de refrixeración con EER superior a 3 nas condicións establecidas na norma EN-UNE 14511.

-Substitución de sistemas de calefacción eléctricos con acumulación e tarifa con discriminación horaria por caldeiras de condensación ou bombas de calor (excepto xeotérmicas) con COP superior a 3,5 medido nas condicións establecidas na norma EN-UNE 14511.

-Substitución de equipamentos de movemento dos fluídos caloportadores por outros, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético.

-Illamento de tubaxes de condución de auga quente para adaptarse ao cumprimento do RITE.

-Sistemas de arrefriamento gratuíto por aire exterior e de recuperación de calor do aire de extracción para adaptarse ao cumprimento do RITE.

-Instalacións novas de sistemas centralizados de calefacción e refrixeración de barrio ou que dean servizo a varios edificios, así como a reforma ou ampliación das existentes.

-Medidas de aforro enerxético recomendadas no ditame realizado polo axente autorizado para realizar a inspección periódica que establece a instrución técnica IT-4 do RITE.

-Medidas necesarias para implementar unha contabilización e/ou telexestión do consumo de enerxía como as que establece o RITE na súa IT 1.2.4.4.

-Auditoría enerxética e/ou cualificación enerxética previa do edificio asociada a esta medida.

Beneficiarios.

Empresas de servizos enerxéticos e de mantemento, persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas, empresas de servizos enerxéticos ...).

Custo elixible e contía máxima da subvención.

Considerarase como custo elixible o investimento en equipamentos especificados no concepto sempre que se demostre a consecución do aforro enerxético, a auditoría enerxética/diagnose enerxética, o proxecto de enxeñaría na parte correspondente a esta medida e aqueles custos asociados á substitución dos equipamentos e a instalación de illamentos.

No caso dos sistemas centralizados incluiranse no custo elixible os equipamentos de xeración, as canalizacións de transporte de fluídos caloportadores, os sistemas de regulación e control e a obra civil directamente asignable para a implantación destes.

As contías máximas das subvencións son as seguintes:

-Con carácter xeral o 22% do custo elixible.

-Nos casos recollidos no seguinte cadro a porcentaxe de axuda sobre o custe elixible poderá chegar ao máximo indicado:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

-Substitución de sistemas de calefacción eléctricos con acumulación e tarifa con discriminación horaria por caldeiras de condensación ou bombas de calor. Neste caso as axudas serán: ata o 35% do custo elixible nas instalacións individuais e ata o 40% nas instalacións colectivas en función do número de usuarios.

-Nas medidas necesarias para implantar unha contabilización e telexestión do consumo de enerxía, a axuda económica poderá acadar ata o 35 % do custo elixible.

-Na realización de auditorías/cualificacións enerxéticas previas do edificio a axuda económica poderá acadar ata un máximo do 75% do custo elixible. O custo elixible máximo destes estudos será:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica TER.

-Certificado do coeficiente de rendemento (COP/EER) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a norma EN-UNE 14511. Para os fabricantes asociados a Eurovent será suficiente con presentar a impresión da parte da base de datos na que figure a combinación unidade exterior-interior para a que se solicita a axuda. Non presentar este certificado suporá a denegación da axuda.

-Xustificación de instalación previa (boletín da instalación, facturas de combustible/electricidade ...).

-Para instalacións que se renoven con potencia igual ou inferior a 70 kW, deberá achegarse copia da factura e copia de ter presentado a solicitude do boletín, nos casos en que sexa exixible, que acredite que a obra está executada con anterioridade ao momento da solicitude.

-No caso de solicitar axuda para a auditoría/cualificación enerxética previa deberá entregarse copia en formato dixital do estudo.

-No caso de que coas obras se acade unha cualificación enerxética A deberase entregar o certificado de eficiencia enerxética de proxecto subscrito polo proxectista e as fichas xustificativas ou os arquivos xustificativos da cualificación enerxética segundo a opción de cualificación escollida de acordo co establecido no Real decreto 47/2007.

-Valorarase positivamente a aquelas vivendas de uso habitual, o que debe xustificarse cun certificado de empadroamento.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica do investimento que inclúa as características enerxéticas do equipamento realmente instalado.

-No caso de que coas medidas proxectadas se acade unha cualificación enerxética A, para xustificar a porcentaxe adicional de axuda deberá entregarse no momento de xustificar o investimento un certificado da dirección facultativa que xustifique que no transcurso das obras se está a manter a cualificación enerxética recollida no proxecto.

-Naqueles casos en que así o requira a regulamentación vixente (boletín ou proxecto da instalación), achegarase xustificación de ter presentado na delegación correspondente a solicitude de autorización das instalacións.

3.C. Mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación nos edificios existentes (ILI).

Concepto.

Actuacións de mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación que se renoven.

-Substitución de luminarias, lámpadas e equipamento auxiliar existentes por luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación polo menos nun 30%, cumprindo os requirimentos de calidade e confort visual regulamentados.

-Sistemas de control de acendido e regulación do nivel de iluminación que inclúan sistemas de detección de presenza e sistemas de regulación do nivel de iluminación segundo a achega de luz natural, sempre que consigan un aforro eléctrico dun 20 % ou superior respecto a situación sen regulación ou control.

-Cambio de sistemas de iluminación: cambio na situación dos puntos de luz con utilización das anteriores tecnoloxías, de forma que se reduza o consumo eléctrico respecto ao sistema actual de iluminación polo menos nun 30%.

O importe mínimo do investimento que se subvencione será de 600 euros.

As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a instalación de iluminación que se rehabilite son as que figuran no documento HE3 do Código Técnico da Edificación.

Beneficiarios.

Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas, empresas de servizos enerxéticos, ...).

Custo elixible.

Considéranse como custo elixible aqueles custos necesarios para a substitución dos equipamentos, sistemas de iluminación e instalación de sistemas de control e regulación da iluminación. Inclúese a auditoría enerxética previa, a cualificación enerxética e a parte do proxecto técnico asociados a esta medida.

Contía máxima da subvención.

-Con carácter xeral é o 22% do custo elixible, cun máximo de 10.000 € por edificio de vivendas en bloque e de 50.000 € por edificio destinado a outros usos.

-Nos edificios que xustifiquen que coas medidas subvencionadas acadan unha cualificación enerxética A, a porcentaxe de axuda pode chegar ata o 35 % do custo elixible, e cando se acade unha cualificación enerxética B a contía da axuda pode acadar o 27%.

-A contía máxima de axuda para a realización da auditoría enerxética ou cualificación enerxética previa do edificio asociado á medida é do 75 % do custo elixible. O custo elixible máximo destes estudos será:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Os metros cadrados da táboa anterior refírense á superficie dos locais climatizados.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica ILI.

-Xustificación do cumprimento do documento básico HE3 do Código Técnico da Edificación.

-No caso de solicitar axuda para a auditoría ou cualificación enerxética previa deberá entregarse copia en formato dixital do estudo.

-No caso de que coas obras se acade unha cualificación enerxética A ou B deberase entregar o certificado de eficiencia enerxética de proxecto subscrito polo proxectista.

-Valorarase positivamente o investimento en vivendas de uso habitual, o que debe xustificarse cun certificado de empadroamento.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Certificado de obra segundo modelo Inega.

-No caso de que coas medidas proxectadas se acade unha cualificación enerxética A ou B, para xustificar a porcentaxe adicional de axuda deberá entregarse no momento de xustificar o investimento un certificado da dirección facultativa que xustifique que no transcurso das obras se está a manter ou mellora a cualificación enerxética recollida no proxecto.

3.D. Construción de novos edificios con alta cualificación enerxética (CNE).

Concepto.

Construción de novos edificios con cualificación enerxética A ou B.

Beneficiarios.

Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada (promotores, empresas municipais de vivenda, empresas de servizos enerxéticos...).

Custo elixible.

-Custo adicional en materiais, equipamentos, instalacións e sistemas necesarios para mellorar a eficiencia enerxética da envolvente, das instalacións térmicas e da iluminación interior do edificio que permite pasar dunha clasificación enerxética D a outra A ou B. Non se inclúe a instalación de sistemas de aproveitamento de enerxías renovables (como por exemplo enerxía solar térmica, fotovoltaica ou biomasa).

-Custo da enxeñaría requirida para cualificar enerxeticamente o edificio cando o resultado da cualificación sexa A ou B.

-Esta liña será incompatible coa BCX e coa CNI especificadas nestas bases reguladoras.

Contía máxima da subvención.

A contía máxima da axuda será o custo elixible coas seguintes contías máximas en función da superficie útil acondicionada (calefactada e/ou refrixerada):

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica CNE.

-Deberase entregar o certificado de eficiencia enerxética de proxecto subscrito polo proxectista e debidamente rexistrado segundo o establecido no Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a certificación enerxética de edificios de nova construción en Galicia.

-Certificado do técnico redactor do proxecto da superficie útil acondicionada da edificación.

-No caso de solicitar axuda para a cualificación enerxética previa deberá entregarse copia en formato dixital do estudo de cualificación (incluídos os arquivos dos programas recoñecidos segundo o Real decreto 47/2007, do 19 de xaneiro, polo que se regula o procedemento básico para a certificación enerxética de edificios, que permitan realizar o cálculo da cualificación).

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-No momento de xustificar o investimento deberase entregar o certificado de eficiencia enerxética do edificio terminado (debidamente rexistrado segundo o establecido no Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a certificación enerxética de edificios de nova construción en Galicia) ou no seu defecto un certificado da dirección facultativa que xustifique que no transcurso das obras se está a manter ou se mellora a cualificación enerxética recollida no proxecto.

3.E. Auditoría enerxética nos edificios do sector residencial e servizos (AES).

Concepto.

Estudos de optimización enerxética en edificios do sector residencial e servizos.

Beneficiarios.

Empresas do sector terciario, entidades sen fin de lucro, administracións públicas con sede social ou establecemento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contía máxima da subvención.

75% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de investimento en función da superficie e uso do edificio (para evitar saltos, os custos máximos calcúlanse por tramos de superficie, é dicir, sumando os distintos tramos).

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Unha vez finalizada a auditoría deberá presentarse unha copia dela en formato dixital así como o formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa

-Memoria técnica AES.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Copia da auditoría en formato dixital (arquivo.pdf).

- Documento Formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es) en formato dixital (arquivo.pdf).

3.F. Proxectos de instalacións de bombas de calor xeotérmicas (BCX).

Concepto.

Instalación de bombas de calor xeotérmicas en edificios novos ou existentes con coeficiente de rendemento COP superior a 4 en condicións de ensaio establecidas na norma EN-UNE 14511.

Beneficiarios.

Empresas de servizos enerxéticos e de mantemento, persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios de calquera sector.

Custo elixible.

Instalación de bombas de calor xeotérmicas. Inclúense os equipos auxiliares de xeración, pero non se inclúe o sistema de distribución interior.

Consideraranse os seguintes custos elixibles máximos:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Non se admitirán solicitudes de instalacións para bombas de calor de circuíto aberto.

Nos sistemas de intercambio é necesario presentar unha xustificación técnica da lonxitude dos pozos e dos tubos de captación utilizados (no caso de utilizar as dimensións recomendadas polo fabricante, farase referencia a estas). No circuíto primario só se admitirá o emprego de anticonxelante de uso alimentario e tubo continuo.

Contía máxima da subvención.

As contías máximas das subvencións son o 30% do custo elixible.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica BCX

-Certificado do coeficiente de rendemento (COP/EER) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a norma EN-UNE 14511. Para os fabricantes asociados a Eurovent será suficiente con presentar a impresión da parte da base de datos en que figure o equipamento para o que se solicita a axuda. Non presentar este certificado suporá a denegación da axuda.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Naqueles casos en que así o requira a regulamentación vixente (boletín ou proxecto da instalación) achegarase xustificación de ter presentado na delegación correspondente a solicitude de autorización das instalacións.

3.G. Proxectos de instalacións de bombas de calor aire-auga e aire-aire (BCA).

Concepto.

Instalación de bombas de calor aire-auga e aire-aire en edificios de nova construción con coeficiente de rendemento COP superior a 3,5 e EER superior a 3 nas condicións de ensaio establecidas na norma EN-UNE 14511.

Beneficiarios.

Empresas de servizos enerxéticos e de mantemento, persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios de calquera sector.

Custo elixible.

Instalación de bombas de calor aire-aire e aire-auga. Só se inclúe o custo do equipamento, non se inclúen os sistemas de distribución interior. O custo elixible máximo será de 600 euros/kW.

Contía máxima da subvención.

A contía máxima das subvencións é o 30% do custo elixible.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica BCA

-Certificado do coeficiente de rendemento (COP/EER) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a norma EN-UNE 14511. Para os fabricantes asociados a Eurovent será suficiente con presentar a impresión da parte da base de datos en que figure a combinación unidade exterior-interior para a que se solicita a axuda. Non presentar este certificado suporá a denegación da axuda.

-Certificado de eficiencia enerxética de proxecto, debidamente rexistrado nos casos en que sexa obrigatorio.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Naqueles casos en que así o requira a regulamentación vixente (boletín ou proxecto da instalación) achegarase xustificación de ter presentado na delegación correspondente a solicitude de autorización das instalacións.

4. Sector servizos públicos.

4.A. Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE/SEM).

Concepto.

Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) aplicando criterios de aforro e eficiencia enerxética que segundo se establece no Real decreto 1890/2008 acaden unha cualificación enerxética A ou B. Non se subvencionarán proxectos que teñan unha cualificación enerxética igual ou inferior a C.

Renovación de instalacións de semáforos (SEM).

Beneficiarios.

Concellos, institucións públicas e empresas públicas ou privadas concesionarias do servizo de iluminación exterior, comunidades de propietarios e calquera asociación ou entidade pública ou privada con responsabilidade na iluminación pública exterior.

Nesta liña de axudas só caberá que o peticionario presente unha solicitude para renovación de instalacións de iluminación exterior (ILE) e outra para reforma de instalacións de semáforos (SEM), que non poderán superar a contía de 250.000 euros en concepto de custo elixible.

En cumprimento co disposto no convenio co IDAE, todas as instalacións que se acollan á medida de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) deberán realizar previamente unha auditoría enerxética segundo o modelo dispoñible en www.inega.es.

Custo elixible.

Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos, a reforma de liñas e instalacións eléctricas e a realización de proxectos de enxeñaría.

-Non se incluirá dentro desta liña a ampliación de puntos de luz.

Seguindo os criterios do Real decreto 1890/2008, clasifícanse as instalacións de iluminación exterior en vías (funcional e ambiental), específicas, ornamentais, vixilancia e seguridade nocturna, sinais e anuncios luminosos, festiva e de Nadal:

Segundo esta clasificación, consideraranse instalacións subvencionables e non subvencionables as seguintes:

Subvencionables:

-Iluminación de vías (funcional e ambiental).

-Iluminacións específicas.

-Iluminacións ornamentais.

Non subvencionables:

-Iluminación para vixilancia e seguridade nocturna.

-Iluminación de sinais e anuncios luminosos.

-Iluminación festiva e de Nadal.

As instalacións deberán cumprir como mínimo os seguintes requisitos técnicos:

-Sistema de acendido por reloxo astronómico.

-Lámpadas cun rendemento lumínico mínimo de 65 lm/W (lámpada + equipamento).

-As luminarias novas deberán ser pechadas con aloxamento de equipamento e que presenten como características mínimas:

IP 44 no equipamento.

IP 55 na óptica.

IK 08.

Clase eléctrica II.

FHSinst igual ou inferior ao 5%.

-Sistema de dobre nivel, independentemente da potencia instalada.

-Cumprir o Real decreto 1890/2008 en canto a niveis de iluminación e uniformidade das vías para iluminar que se reformen.

-Acadar unha cualificación enerxética A ou B.

Considerarase como punto de luz o formado por apoio, soporte, luminaria, lámpada e equipo auxiliar, completamente instalado e conexionado.

Unicamente se admitirá como punto de luz o formado por apoio, soporte e dúas luminarias nas instalacións axiais e puntos de luz formados por un apoio, e máis dunha luminaria na iluminación de rotondas e cruzamentos cando estes vaian no seu centro e non se dispoña doutro tipo de iluminación.

Consideraranse os seguintes custos elixibles máximos:

Custos elixibles máximos subvencionables (só inclúen execución material):

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Só se admitirá no orzamento material da instalación unha partida alzada, as partidas restantes deberán levar as súas correspondentes medicións.

Contía máxima da subvención.

70% do custo elixible.

Documentación solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica ILE para iluminación exterior e memoria técnica SEM para semáforos.

-Formulario resumo da auditoría enerxética previa en que se recollan as medidas obxecto da solicitude. Este modelo, de obrigado cumprimento, estará dispoñible na páxina web do Inega, www.inega.es

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Certificado de obra segundo modelo do Inega.

-Certificados dos fabricantes das luminarias e equipamentos de aforro instalados, indicando nos certificados nome da obra, número de equipamentos, modelo, número de pedido e almacén de venda.

4.B. Proxectos de mellora da eficiencia enerxética das instalacións de potabilización, abastecemento, depuración de augas residuais e desalgadura (PAD).

Concepto.

Substitución de tecnoloxías existentes nas instalacións de potabilización e abastecemento de auga e nas instalacións de depuración de augas residuais por outras tecnoloxías enerxeticamente máis eficientes.

Beneficiarios.

Concellos, institucións públicas e empresas públicas ou privadas concesionarias do servizo sempre e cando as instalacións sexan de titularidade pública.

Nesta liña de axuda só caberá que o peticionario presente unha solicitude que non poderá superar a contía de 250.000 euros en concepto de custo elixible.

Custo elixible.

Custo de equipamentos e man de obra de instalacións que posibiliten un maior aforro e eficiencia enerxética nas instalacións existentes, tales como:

-Regulación electrónica de motores.

-Control do nivel do oxíxeno en aireación de depuradoras.

Contía máxima da subvención.

40% do custo elixible en materiais e man de obra.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica (PAD).

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Memoria técnica do investimento realizado.

4.C. Auditorías enerxéticas a instalacións de iluminación pública (AEP).

Concepto.

Estudos de optimización enerxética que analicen as instalacións de iluminación pública dun concello.

Beneficiarios.

Concellos, institucións públicas e empresas públicas ou privadas concesionarias do servizo sempre e cando as instalacións sexan de titularidade pública.

Custo elixible.

Inclúense todos os custos externos derivados da realización da auditoría. Os estudos resultantes deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo dunha auditoría enerxética en instalacións de iluminación pública dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es) e abranguerán todas as instalacións de iluminación pública existentes no concello solicitante.

Contía máxima da subvención.

75% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de axuda en función do número de habitantes do concello.

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica AEP.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Copia da auditoría en formato dixital (arquivos pdf).

-Documento Formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

5. Sector transformación da enerxía.

5.A. Auditorías enerxéticas a plantas de coxeración (AEC).

Concepto e custo elixible.

Auditorías enerxéticas en plantas de coxeración tendentes a mellorar a súa eficiencia enerxética e a adaptar a súa potencia á demanda térmica que deben satisfacer actualmente, todo iso dentro do novo marco legal establecido pola Directiva 08/2004/CE.

As empresas que realicen o estudo deberán ter probada experiencia na realización destes.

Os estudos deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo dunha auditoría enerxética dunha planta de coxeración dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Beneficiarios.

Empresas do sector industrial ou terciario con establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia en que teñan en funcionamento unha planta de coxeración.

Contía máxima da axuda.

75% do custo do estudo cunha axuda máxima de 9.000 euros.

Documentación solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica AEC.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Copia da auditoría en formato dixital (.pdf).

- Documento Formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

5.B. Estudos de viabilidade para coxeracións (EVC).

Concepto.

Estudos de viabilidade técnica e económica dirixidos a promover novas plantas de coxeración, que definirán as solucións e os deseños técnicos máis correctos a partir das demandas de calor útil.

As empresas que realicen o estudo deberán ter probada experiencia na realización destes.

Os estudos deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo dun estudo de viabilidade dunha planta de coxeración dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Beneficiarios.

Empresas do sector industrial, servizos e tratamento de residuos, que teñan establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia no cal vaian realizar un estudo de viabilidade dunha central de coxeración.

Contía máxima da subvención.

75% do custo do estudo cun máximo de 11.250 € de axuda por estudo.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica EVC.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Copia da auditoría en formato dixital (.pdf).

-Documento Formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

5.C. Axudas públicas á coxeración non industrial (CNI).

Concepto.

Construción de instalacións de coxeración de alta eficiencia nos sectores non industriais (terciario e agropecuario excepto tratamento de xurros).

Custo elixible.

Activos fixos novos en plantas de coxeración de alta eficiencia, con potencia eléctrica superior a 150 kW, que utilicen calquera tipo de combustible, podendo tamén considerarse, de ser o caso, os sistemas de frío. Non se consideran incluídas nesta definición de custo elixible as instalacións que achegan enerxía térmica para o tratamento e redución de residuos dos sectores agrícola, gandeiro e de servizos. Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e sistemas, a obra civil asociada cun máximo do 10% e o proxecto de enxeñaría cun límite do 10 %.

Só se considerarán subvencionables os proxectos que acaden unha ratio enerxético-económica igual ou superior a 0,28 ktep de aforro de enerxía primaria por millón de euros de investimento. O cálculo do aforro de enerxía primaria realizarase seguindo as instrucións indicadas no documento Cálculo do aforro de enerxía primaria para coxeracións dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Beneficiarios.

Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada que teñan algún establecemento na Comunidade Autónoma de Galicia no cal vaian instalar unha planta de coxeración.

Contía máxima da subvención.

Subvención a fondo perdido cun máximo do 10% do custo elixible do proxecto cun importe máximo da axuda de 200.000 euros por proxecto.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica CNI.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Memoria técnica do investimento coas características enerxéticas do equipamento instalado.

5.D. Axudas públicas á coxeración de pequena potencia (COX).

Concepto.

Promoción da instalación de plantas de coxeración de potencia eléctrica igual ou inferior a 150 kW.

Custo elixible e contía máxima da subvención.

Activos fixos novos en plantas de coxeración de alta eficiencia, con potencia eléctrica non superior a 150 kW, que utilicen calquera tipo de combustible, incluíndo o biogás podendo tamén considerarse, se é o caso, os sistemas de frío. Considérase calquera tipo de sector, tanto industrial como non industrial susceptible de utilizar sistemas de coxeración. Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e sistemas, a obra civil asociada cun máximo do 10% e o proxecto de enxeñaría cun límite do 10%.

Só se considerarán subvencionables os proxectos que acaden unha ratio enerxético-económica igual ou superior á indicada no cadro.

A contía máxima da axuda dependerá da potencia eléctrica (Pe) da coxeración. Deste xeito, a contía da axuda non poderá superar a seguinte porcentaxe do custo elixible:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

O cálculo do aforro de enerxía primaria realizarase seguindo as instrucións indicadas no documento Cálculo do aforro de enerxía primaria para coxeracións dispoñible na páxina web do inega (www.inega.es).

Beneficiarios.

Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada que teñan algún establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia no cal vaian instalar unha planta de coxeración.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica COX.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Memoria técnica do investimento coas características enerxéticas do equipamento instalado.

6. Sector agricultura e pesca.

6.A. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector pesqueiro (PES).

Concepto.

Investimentos encamiñados á redución do consumo de enerxía no sector pesqueiro.

Custo elixible.

Investimentos nas medidas tendentes á redución do consumo enerxético nos barcos de pesca, que veñan indicadas nunha auditoría enerxética que deberá seguir o modelo indicado en www.inega.es/subvencións. O custo da auditoría enerxética tamén se considera elixible cos seguintes máximos:

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"

Beneficiarios.

Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarias ou xestoras de barcos de pesca.

Contía máxima da subvención.

A contía máxima da axuda será do 20% do custo elixible do investimento para a implantación das medidas que propoñan as auditorías enerxéticas destinadas á mellora da eficiencia enerxética.

Subvención de ata o 70% do custo elixible da auditoría enerxética referido na táboa anterior.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica PES.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Memoria técnica do investimento coas características enerxéticas do equipamento instalado.

6.B. Auditorías enerxéticas e proxectos de mellora de eficiencia enerxética no sector agrario (AGR).

Concepto.

Auditorías enerxéticas e proxectos de mellora da eficiencia enerxética no sector agricultura e gandaría.

Custo elixible.

Realización de auditorías enerxéticas e implantación das medidas asociadas e propostas na auditoría enerxética destinadas á mellora da eficiencia enerxética.

Beneficiarios.

Empresas do sector primario: agricultura, gandaría e acuicultura con establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contía máxima da subvención.

A contía máxima da subvención será do 75% do custo da auditoría cun límite de 8.000 € por estudo.

Para investimentos de carácter xeral (illamento térmico, bombas, caldeiras, equipamentos de frío, etc...) a contía máxima da axuda será do 20% do custo elixible. Nos casos de mellora da iluminación artificial este límite podería acadar o 40% do custo elixible.

Documentación de solicitude.

-Documentación administrativa (artigo 5º).

-Memoria técnica AGR.

Documentación xustificativa do investimento.

-Documentación administrativa (artigo 20º).

-Memoria técnica do investimento coas características enerxéticas do equipamento instalado.

Ver referencia pdf "21300D010P044.PDF"