DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 30 de outubro de 2009 Páx. 16.875

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Advertidos erros e omisións na publicación da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 211, do mércores, 28 de outubro de 2009, cómpre facer as oportunas correccións:

Primeira.-O anexo que figuran na páxina 16.768 e seguintes coa denominación: «ANEXO Accións formativas priorizadas-sectoriais», debe figurar co nome: «ANEXO III Accións formativas priorizadas-sectoriais».

Segunda.-Publicar a seguir os anexos I, II e IV:

Ver referencia pdf "21300D008P015.PDF"