DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 30 de outubro de 2009 Páx. 16.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de outubro de 2009 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Ilustre Mestre, do concello de Ourense.

Examinado o expediente iniciado por Virgilio Montes Fernández, en calidade de representante legal da Asociación Autismo Ourense, no cal solicita a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Ilustre Mestre, para impartir dúas unidades de educación especial (autistas).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado polo Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Ilustre Mestre, para impartir dúas unidades de educación especial (autistas), segundo os datos que se especifican no anexo desta orde.

Segundo.-Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, despois do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinala nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Enderezo: r/ Ramón Puga s/n.

Denominación: centro privado de educación especial Ilustre Mestre.

Titular: Asociación Autismo Ourense.

Código do centro: 32020823.

Ensinanzas que se autorizan: dúas unidades de educación especial (autistas).