Con data do 18 de febreiro de 2009 foi publicada a Orde do 11 de febreiro pola que se nomean os membros das comisións de participación cidadá, que recolle nos seus anexos a composición das comisións das diversas áreas sanitarias.
Así, no anexo I figura a composición da Área Sanitaria de Ferrol, establecida segundo o recollido no artigo 25 do Decreto 15/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura da dita área, conforme os membros que ocupaban os cargos directivos e os representantes das entidades, asociacións e organizacións designados no seu día.
Debido aos cesamentos e conseguintes nomeamentos realizados no persoal directivo así como na representación do concello de Narón, cómpre actualizar a composición da dita comisión cos membros que ocupan estes cargos na actualidade.
De acordo co anterior, conforme as facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Cesar como membros da Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol, ás seguintes persoas:
-José Ramón García López (ex director da Área Sanitaria de Ferrol).
-Ignacio García García (ex director de RR.HH. e Relacións Laborais).
-Mª Dolores Rodríguez Mayo (ex xerente de Procesos).
-Ángel Facio Villanueva (ex director de Procesos Médicos).
-Jorge Yáñez Fernández (ex director de Urxencias e Procesos Ambulatorios).
-Nieves Loureiro Pérez (ex directora de Procesos de Enfermaría).
-Manuel A. Ramos Rodríguez (representante do Concello de Narón).
Artigo 2º
Ao abeiro do disposto no artigo 25.3º do Decreto 15/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura da Área Sanitaria de Ferrol, nomear membros da Comisión de Participación Cidadá da dita área ás seguintes persoas:
-Luis Verde Remeseiro (director da Área Sanitaria de Ferrol).
-José Rey Aneiros (xerente de Procesos).
-Javier Fernández Nistal (director de RR.HH. e Relacións Laborais).
-Ana Souto Alonso (directora de Procesos Médicos).
-Rosa Arroyo Castillo (directora de Procesos Cirúrxicos).
-Susana Santos Couce (directora de Urxencias e Procesos Ambulatorios).
-Enrique González Rodríguez (director de Procesos de Enfermaría).
-Mª del Carmen Espada Cortizas (representante do Concello de Narón).
Artigo 3º
De conformidade co anterior, a composición da Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol, recollida no anexo I da Orde do 11 de febreiro de 2009, queda redactada do seguinte xeito:
ANEXO I
Área Sanitaria de Ferrol
*Presidente: Luis Verde Remeseiro, director da área sanitaria.
*Secretario: Javier Fernández Nistal, director de Recursos Humanos da área.
*Entidades locais:
-Concello das Pontes de García Rodríguez: Valentín González Formoso.
-Concello de Cedeira: Francisco Hermida Mosquera.
-Concello de Fene: Rita María Couto Seijido.
-Concello de Ferrol: Beatriz Sestayo Doce e Casimiro Pablo Cal Martínez
-Concello de Narón: Carmen Espada Cortizas.
-Concello de Ortigueira: Mª Cruz Sabio Teijeiro.
-Concello de Pontedeume: Ruth García Campos.
*Asociacións veciñais:
-Xosé Miguel López Pérez.
-Salustiano Gómez Rodríguez.
-Manuel Carpente.
*Asociacións empresariais:
-Dolores Garrido Haz.
-Rafael López Miranda.
-José Ramón López Vivero.
*Organizacións sindicais:
-Antonio Manso Bouza (UXT).
-Xesús Anxo López Pinto (CIG).
-Mª Áurea Vázquez Estraviz (CC.OO.).
*Persoal directivo:
-José Rey Aneiros, xerente de procesos.
-Ana Souto Alonso, directora de Procesos Médicos.
-Rosa Arroyo Castillo, directora de Procesos Cirúrxicos.
-Susana Santos Couce, directora de Urxencias e Procesos Ambulatorios.
-Enrique González Rodríguez, director de Procesos de Enfermaría.
-Ángela Calderón de Arriba, directora de Recursos Económicos e Servizos Xerais.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2009.
Mª del Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade