DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 27 de outubro de 2009 Páx. 16.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2009 pola que se crean os ficheiros de Vixilancia e control de accesos e de Xestión de usuarios dos servizos do Laboratorio de Análise de Radiacións como ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade de Santiago de Compostela.

A disposición adicional segunda, 2, da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse mediante a disposición xeral correspondente.

A Universidade de Santiago de Compostela aprobou a regulación dos seus ficheiros para a súa adecuación á LOPD mediante Resolución do 24 de xuño de 2002 e resolucións posteriores.

A implantación efectiva de medidas de seguridade e a realización de novos servizos ou actividades fan aconsellable a creación de novos ficheiros de protección de datos que se engaden aos xa existentes.

Na súa virtude, e co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Santiago de Compostela, e de lles asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Créanse os ficheiros de Vixilancia e control de acceso e de Xestión de usuarios dos servizos do Laboratorio de Análise de Radiacións. A súa descrición contense no anexo desta resolución, indicando o nivel de medidas de seguridade, en aplicación do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Segundo.-Os ficheiros que se indican no anexo rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen, e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lles sexan aplicables.

Terceiro.-A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do disposto no artigo 20.3º da LOPD.

Cuarto.-Ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de lles remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei.

Quinto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2009.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

*Ficheiro nº 20: [Vixilancia e control de accesos].

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos para este:

A finalidade do ficheiro é velar pola seguridade das instalacións mediante controis de acceso e videovixilancia.

Os usos previstos serán a seguridade e o control de acceso a edificios e instalacións da USC.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou resulten obrigados a subministralos:

-Persoal que acceda a edificios e instalacións da USC con sistemas de acceso e control informático e por videocámaras.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal:

-Captación mediante sistemas informáticos e videocámaras.

d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel:

-Sistema de información que poderá integrar recursos automatizados e gravacións en soporte analóxico ou dixital.

e) Cesións de datos de carácter persoal e, de ser o caso, transferencias de datos que se prevexan a países terceiros:

-Autoridades administrativas e xudiciais cando se constate a comisión de infraccións administrativas ou delitos.

f) Órgano da Administración responsable do ficheiro:

-Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela.

Rúa Nova 6, 15782 Santiago de Compostela. A Coruña.

g) Servizos ou unidades ante os que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición:

Secretaría Xeral da Universidade de Santiago Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela. A Coruña.

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible:

Nivel básico.

*Ficheiro nº 21: [Xestión de usuarios dos servizos do Laboratorio de Análise de Radiacións].

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos para este:

Ficheiro para a xestión de persoas físicas e xurídicas interesadas en que o Laboratorio de Análise de Radiacións (LAR) lles oferte os seus servizos e asesoramento e para a utilización estatística dos resultados das medicións efectuadas en publicacións científicas e congresos.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou resulten obrigados a subministralos:

Usuarios do Laboratorio de Análise de Radiacións (LAR).

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal:

Formularios, tramitación electrónica e enquisas.

d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel:

Base de datos de carácter identificativo dos solicitantes do servizos e asesoramento e dos resultados das análises.

e) Cesións de datos de carácter persoal e, de ser o caso, transferencias de datos que se prevexan a países terceiros:

Non se prevén cesións de datos.

f) Órgano da Administración responsable do ficheiro:

Vicerreitoría de Investigación.

Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela. A Coruña.

g) Servizos ou unidades ante os que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición:

Laboratorio de Análise de Radiacións (LAR), rúa Xaquín Díaz de Rábago, 15782 Santiago de Compostela. A Coruña.

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible:

Nivel básico.