DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 27 de outubro de 2009 Páx. 16.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO PRIMEIRO)

EDICTO.

Por medio deste edicto faise público, para lle dar cumprimento ao acordado pola conselleira da Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas, por providencia con data vinte e nove de setembro de dous mil nove, ditada no procedemento de reintegro por alcance nº A91/09 do ramo de EE.LL. (Concello de Cospeito), provincia de Lugo, que neste tribunal se segue xuízo contable con motivo de presuntas irregularidades na xestión económico-financeira da citada corporación, como consecuencia da falta de xustificación de determinados pagamentos realizados a funcionarios que puidesen xerar un prexuízo aos fondos públicos, o cal se fai saber coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión da responsabilidade contable poidan comparecer en forma nos autos dentro do prazo de nove días.

Madrid, vinte e nove de setembro de dous mil nove.

Carlos Cubillo Rodríguez

Letrado secretario